A adquisición de medios de transporte usados é feito impoñible do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (modalidade TPO).
Con todo, esta adquisición pode estar:
- Suxeita ao imposto, se a transmisión é entre particulares.
- Exenta do imposto con carácter provisional, en caso de empresarios que teñen como actividade habitual a compravenda de vehículos usados. A exención convértese en definitiva se se xustifica a venda posterior do vehículo no prazo dun ano.
- Non suxeita ao imposto, se a parte vendedora é unha compañía mercantil ou un empresario ou profesional que transmite un vehículo afecto a actividade profesional ou industrial que desenvolve (concesionarios de vehículos, taxistas, camioneiros...).
Exemplos:
- A compra dun coche a un concesionario está suxeita a IVE.
- A compra de segunda man ao antigo titular está suxeita a TPO.
O comprador é a persoa obrigada ao pago do imposto.
Artigo 22 da Orde do 9 de decembro de 2020
Un mes dende o día da adquisición.
Artigos 4 e 18 da Orde do 9 de decembro de 2020
A presentación pode ser presencial ou electrónica:
- Presencial: mediante o modelo en papel 620 que se pode adquirir nos estancos autorizados, Oficinas de distrito hipotecario e Oficinas liquidadoras de distrito hipotecario, ou o obtido a través do programa de axuda da OVT sen necesidade de certificado dixital. A presentación poderá realizarse nas delegacións territoriais da Axencia Tributaria de Galicia, así como nas oficinas de distrito hipotecario e oficinas liquidadoras de distrito hipotecario.
Se se quere acudir ás nosas oficinas para presentar o imposto con cita, pódese solicitar a través deste enlace.
Se se quere acudir ás nosas oficinas para que un funcionario da Atriga che confeccione o modelo 620 con cita, pódese solicitar a través deste enlace. En ningún caso se prestará este servizo a profesionais ou colaboradores sociais. - Electrónica: farase a través da OVT cun certificado dixital.
Artigo 17 e disposición adicional segunda da Orde do 9 de decembro de 2020
- As persoas xurídicas.
- As entidades sen personalidade xurídica.
- As persoas que representen a un contribuínte que estea obrigado á presentación electrónica.
- As persoas ou entidades que exerzan a condición de colaboradores sociais.
Quedan excluídos de presentación electrónica os seguintes casos:
- Cando non se poida obter a validación do vehículo da Dirección Xeral de Tráfico.
- Cando o vehículo teña matrícula estranxeira.
- As autoliquidacións complementarias do modelo 620.
En caso de presentación presencial:
- Nunha entidade financeira colaboradora
- Mediante tarxeta de débito ou crédito no Terminal de Punto de Venda (TPV) físico das Delegacións da Atriga (co límite de 3.000 € para pagos con tarxeta).
- AVISO: As Oficinas Liquidadoras de Distrito Hipotecario e as de Distrito Hipotecario non dispoñen de TPV físico para realizar o pago nas oficinas.
- Mediante xiro postal nas Oficinas de Correos ou, no rural, a través dos carteiros rurais.
No caso de presentación electrónica:
- O pago poderá realizarse de forma presencial nas entidades colaboradoras autorizadas para os pagos presenciais con NRC ou mediante xiro postal nas Oficinas de Correos ou, no rural, a través dos carteiros rurais, co documento de ingreso telemático presencial (Modelo 717).
Unha vez feito, deberá completar a presentación da autoliquidación a través da OVT (apartado "Operacións realizadas", onde introducirá o NRC xerado). - O pago pode realizarse de forma electrónica, no momento da confección, a través de:
- Domiciliación bancaria. A conta designada debe cumprir as seguintes condicións:
- Ser propiedade do obrigado ao pago.
- Tratarse dunha conta á vista ou dunha conta de aforro que admita a domiciliación de pagos.
- Estar aberta nunha entidade de crédito autorizada para actuar como colaboradora na xestión recadatoria da Atriga. - Cargo en conta.
- Pago con tarxeta de débito ou crédito mediante TPV virtual (co límite de 3.000 €).
- Pago por Bizum
- Domiciliación bancaria. A conta designada debe cumprir as seguintes condicións:
Máis información sobre o xiro postal e Bizum
Recoñecemento de débeda e pago mediante transferencia: o contribuínte que non dispoña dunha conta da súa titularidade aberta en ningunha das entidades colaboradoras pode pagar a totalidade da débeda tributaria previo recoñecemento da mesma, mediante transferencia bancaria.
- Documento ou contrato de compravenda. No caso de documentos notariais, xudiciais ou administrativos, deberase presentar copia auténtica do documento. Se se trata de documentos privados, presentarase o orixinal.
- En caso de vehículos, deberase achegar ficha técnica e permiso de circulación, e, en caso de embarcacións, copia da folla de asento no Rexistro de Embarcacións da Capitanía Marítima ou licenza de navegación.
- Modelo 620 cumprimentado.
A base impoñible será a maior das seguintes magnitudes:
- O valor declarado polos interesados
- O prezo ou contraprestación pactada
- O valor de mercado.
Cada ano unha orde ministerial publica os prezos medios de venda en función da marca, o modelo, a potencia e o ano de matriculación do vehículo. Estes prezos medios poderanse usar como valor de mercado.
Pódense consultar aquí as ordes ministeriais de cada ano.
Así mesmo, tamén se pode utilizar o servizo de Valoración de vehículos usados.
- Con carácter xeral, o tipo será do 3%.
- En caso de vehículos con categoría ambiental 0 emisións, bicicletas, bicicletas de pedais con pedaleo asistido e vehículos de mobilidade persoal, o 0%.
- En caso de embarcacións de recreo e motores mariños, o 1%.
- A cota tributaria correspondente á transmisión de automóbiles turismo e todoterreos, con un uso igual ou superior a quince anos, será a seguinte:
Cilindrada do vehículo (centímetros cúbicos) | Cota (euros) |
---|---|
Ata 1.199 | 22 |
De 1.200 a 1.599 | 38 |
Máis información
Preguntas frecuentes en caso de compravenda de vehículos usados