Canon eólico
O canon eólico é un tributo propio da Comunidade Autónoma de Galicia que grava a xeración de afeccións e impactos ambientais adversos sobre o medio natural e o territorio, a través da instalación de bens afectos á produción de enerxía eólica no territorio galego.
QUEN DECLARA O IMPOSTO?
Quen leve a cabo a explotación dun parque eólico en territorio galego.
CALÉ O PRAZO DE PRESENTACIÓN?
Con carácter xeral, os vinte primeiros días do mes de xaneiro.
COMO PRESENTO O IMPOSTO?
En todo caso, a presentación será electrónica, a través da Oficina Virtual Tributaria.
CAL É O TIPO IMPOSITIVO?
Aplícase unha escala de gravame gradual, en función do número de aeroxeradores instalados no parque eólico.