- Obtención do certificado dixital.
- Obtención da autorización da Dirección da Axencia Tributaria de Galicia para o acceso á OVT
- Parques eólicos que presentasen alta ante o INEGA: acceso á OVT, Censo Electrónico de Parques Eólicos de Galicia, consulta de datos e presentación de confirmación dos datos do Censo.
Parques eólicos de nova autorización: acceso á OVT, Censo Electrónico de Parques Eólicos de Galicia, presentación da declaración inicial de alta no Censo (prazo dun mes dende día seguinte á data de devindicación e anterior ao punto 4). - Presentación e pagamento telemático do Imposto.
O Canón Eólico é un tributo propio da Comunidade Autónoma de Galicia que somete a gravame a xeración de afeccións e impactos ambientais adversos sobre o medio natural e, polo tanto sobre o territorio, a través da instalación de bens afectos á produción de enerxía eólica e situados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Os suxeitos pasivos deste imposto deberán autoliquidar o imposto a través das aplicacións informáticas desta páxina. Estes suxeitos pasivos deberán dispoñer do correspondente certificado dixital e estar previamente autorizados pola Dirección da Axencia Tributaria de Galicia, para o que deberán presentar ante esta, con anterioridade ao primeiro prazo de autoliquidación, unha solicitude de autorización xunto a unha ficha de usuario axustadas aos modelos que atoparán na oficina virtual tributaria.
Unha vez autorizados, os suxeitos pasivos deberán, no prazo de presentación da primeira autoliquidación e previamente a esta, presentar telematicamente ante a Axencia Tributaria de Galicia, unha declaración inicial dos datos do parque eólico a través do modelo 007.
Unha vez presentada a declaración inicial, ingresarán e presentarán telematicamente ante a Axencia Tributaria de Galicia o modelo 012, no cal practicarán a autoliquidación do imposto e determinarán a débeda tributaria correspondente a cada período impositivo, nos vinte primeiros días naturais do mes de xaneiro.
Prazos de presentación:
- do 1 ao 20 de xaneiro
As entidades financeiras nas que pode facer os ingresos telemáticos son as seguintes:
- Pagamento telemático presencial (con NRC)
- Abanca
- Evo Banco
- A Caixa
- Banco Popular
- Targobank
- Banco Pastor
- Caixa Douro
- Pagamento telemático con cargo en conta
- Abanca
- Evo Banco
- A Caixa
- Banco Popular
- Targobank
- Banco Pastor
- Banco Santander
- BBVA
- Banesto
- Caixa Douro
- Caixa Rural de Zamora
- Caixa Rural Galega