Beneficios fiscais para mozos e mozas que reciben cartos mediante doazón de seus pais
Se tes menos de 35 anos e teus pais ou avós che doan cartos para a compra da túa primeira vivenda habitual, podes aplicar unha redución do 95% no imposto de doazóns.
Requisitos
- Ter menos de 35 anos.
- Primeira vivenda.
- Que sexa a vivenda habitual.
- Vivenda situada en Galicia.
- A cantidade doada total polos pais ou avós (contando todas as doazóns) non pode superar os 60.000 euros.
- Formalizar a doazón en escritura pública e indicar que os cartos son para a compra da primeira vivenda habitual.
- Prazo para adquirir a vivenda: 6 meses a contar dende a primeira doazón.
- Límite de renda na última declaración cuxo prazo de presentación estivese finalizado no momento da primeira doazón: a base impoñible (recadros 435+460 da declaración da renda) – mínimo persoal e familiar (recadro 520) non pode superar os 30.000 euros.