Beneficios fiscais para mozos e mozas por compra dunha vivenda nova Beneficios fiscais para mozos e mozas por compra dunha vivenda nova

Se tes menos de 36 anos e COMPRAS unha VIVENDA NOVA que vai ser a túa VIVENDA HABITUAL podes aplicar o tipo reducido do 0,5% no imposto de actos xurídicos documentados en lugar do tipo xeral do 1,5%.

Cálculo do aforro fiscal

CASO XERAL

TIPO REDUCIDO MOZOS/AS

VALOR DA VIVENDA

150.000 €

150.000 €

TIPO

1,5%

0,5%

A PAGAR

2.250 €

750 €

AFORRO FISCAL

1.500 €

Requisitos

  • Ter menos de 36 anos.
  • Que sexa a vivenda habitual.
  • Formalizar a compra en escritura pública e sinalar que vai ser a vivenda habitual e a data de nacemento do adquirente.
  • Límite de patrimonio: a suma do patrimonio de tódolos adquirentes e, no seu caso, dos demais membros da unidade familiar, non pode superar os 200.000 €, máis 30.000 € adicionais por cada membro da unidade familiar que exceda do primeiro. No cómputo deste límite hai que ter en conta o valor de compra da vivenda e non se deduce a débeda asumida pola adquisición.

Exemplo de límite de patrimonio.

Un matrimonio ou parella de feito con dous fillos que compran unha vivenda teñen un límite de patrimonio de: 200.000+30.000x3= 290.000.

O patrimonio dos catro membros da unidade familiar + o prezo de compra da vivenda ten que ser menor ou igual a 290.000 euros.

Se tes menos de 36 anos e COMPRAS unha VIVENDA NOVA en ZONA POUCO POBOADA ou ÁREA RURAL que vai ser a túa VIVENDA HABITUAL non pagas imposto de actos xurídicos documentados porque existe unha dedución do 100%.

Cálculo do aforro fiscal

CASO XERAL

TIPO REDUCIDO MOZOS/AS

VIVENDA EN ZONAS POUCO POBOADAS

VALOR DA VIVENDA

150.000 €

150.000 €

TIPO

1,5%

0,5%

COTA A INGRESAR

2.250 €

750 €

DEDUCIÓN

-750 €

A PAGAR

0 €

AFORRO FISCAL

2.250 €

Requisitos

  • Ter menos de 36 anos.
  • A vivenda tense que atopar nalgunha das parroquias que teñen a consideración de zonas pouco poboadas ou áreas rurais. Pódense consultar aquí