Se tes menos de 36 anos e ALUGAS unha vivenda para ser a túa residencia habitual podes aplicar unha dedución no imposto da renda do 10% das cantidades satisfeitas co límite de 300 euros.
Requisitos
- Ter menos de 36 anos
- Que sexa a vivenda habitual
- Que o contrato de arrendamento sexa anterior ao 1 de xaneiro de 2003
- Que se constituíse o depósito da fianza no Instituto Galego da Vivenda e Solo, ou no seu defecto, que se posúa copia compulsada da denuncia presentada ante dito organismo por non entregarlle o citado xustificante a persoa arrendadora.
- Límite de renda: que a base impoñible do ano de declaración (recadros 435 + 460 da declaración da renda) non supere os 22.000 euros.
- Cando máis dunha persoa teña dereito á dedución, o importe total da mesma, sen exceder o límite, ratearase entre elas.
Se tes menos de 36 anos e dous/dúas ou máis fillos/as menores de idade, e ALUGAS unha vivenda para ser a túa residencia habitual podes aplicar unha dedución no imposto da renda do 20% das cantidades satisfeitas co límite de 600 euros.
Requisitos
- Ter menos de 36 anos
- Ter 2 ou máis fillos/as menores de idade
- Que sexa a vivenda habitual
- Que o contrato de arrendamento sexa anterior ao 1 de xaneiro de 2003
- Que se constituíse o depósito da fianza no Instituto Galego da Vivenda e Solo, ou no seu defecto, que se posúa copia compulsada da denuncia presentada ante dito organismo por non entregarlle o citado xustificante a persoa arrendadora.
- Límite de renda: que a base impoñible do ano de declaración (recadros 435 + 460 da declaración da renda) non supere os 22.000 euros.
- Cando máis dunha persoa teña dereito á dedución, o importe total da mesma, sen exceder o límite, ratearase entre elas.
Se tes recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33% e ALUGAS unha vivenda para ser a túa residencia habitual podes aplicar as seguintes deducións:
- Se non tes fillos menores: 20% das cantidades satisfeitas co límite de 600 euros.
- Con 2 fillos menores: 40% das cantidades satisfeitas co límite de 1.200 euros.
Requisitos
- Ter menos de 36 anos.
- Que sexa a vivenda habitual.
- Que o contrato de arrendamento sexa anterior ao 1 de xaneiro de 2003.