Beneficios fiscais vinculados parcelas forestais Beneficios fiscais vinculados parcelas forestais

Se compras parcelas forestais que formen parte da superficie de xestión e comercialización conxunta de producións que realicen agrupacións de propietarios forestais dotadas de personalidade xurídica, non pagas imposto de transmisións patrimoniais onerosas nin de actos xurídicos documentados porque existe unha dedución do 100% en ámbalas dúas modalidades.

Cálculo do aforro fiscal

 

TRANSMISIONS PATRIMONIAIS

ONEROSAS

ACTOS XURÍDICOS DOCUMENTADOS

 

CASO XERAL

PARCELAS

FORESTAIS

CASO XERAL

PARCELAS

FORESTAIS

VALOR DA OPERACIÓN

50.000 €

50.000 €

50.000 €

50.000 €

TIPO

8 %

8 %

1,5 %

1,5 %

A COTA A INGRESAR

4.000 €

4.000 €

750 €

750 €

DEDUCIÓN

 

-4.000 €

 

-750 €

A PAGAR

 

0

 

0

AFORRO FISCAL

 

4.000€

 

750€

 

Requisitos.

  • Que a compravenda sexa realizada con terceiros que se integren na agrupación ou entre membros das agrupacións.
  • Que as parcelas se manteñan en propiedade durante o prazo que resta para o cumprimento do compromiso de agrupación de permanencia obrigatoria na xestión conxunta.

Se herdas parcelas forestais que formen parte da superficie de xestión e comercialización conxunta de producións que realicen agrupacións de propietarios forestais dotadas de personalidade xurídica, podes aplicar unha redución do 99% sobre o seu valor no imposto de sucesións.

Requisito

  • Que as parcelas se manteñan en propiedade durante o prazo que resta para o cumprimento do compromiso de agrupación de permanencia obrigatoria na xestión conxunta.

Se che doan parcelas forestais que formen parte da superficie de xestión e comercialización conxunta de producións que realicen agrupacións de propietarios forestais dotadas de personalidade xurídica, podes aplicar unha redución do 99% sobre o seu valor no imposto de doazóns.

Requisito

  • Que as parcelas se manteñan en propiedade durante o prazo que resta para o cumprimento do compromiso de agrupación de permanencia obrigatoria na xestión conxunta.

Se herdas predios rústicos de dedicación forestal situados en terreos incluídos na Rede galega de espazos protexidos podes aplicar unha redución do 95% sobre o seu valor no imposto de sucesións.

Requisitos

  • Que teñas algún dos seguintes vínculos co causante: cónxuxe, descendente ou adoptado, ascendente ou adoptante, ou colateral, por consanguinidade ou afinidade, ata o cuarto grao incluído.
  • Que os predios se manteñan durante os 5 anos posteriores, agás que nese prazo faleza a persoa adquirente ou os transmita en virtude de pacto sucesorio.