Beneficios fiscais vinculados a polígonos agroforestais, proxectos de aldeas modelo ou agrupacións de xestión conxunta Beneficios fiscais vinculados a polígonos agroforestais, proxectos de aldeas modelo ou agrupacións de xestión conxunta

Se posúes  bens ou dereitos que foron incorporados a polígonos agroforestais, proxectos de aldeas modelo ou agrupacións de xestión conxunta previstos na Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia podes aplicar unha dedución do 100% na parte da cota do imposto sobre o patrimonio que proporcionalmente lle corresponda ao seu valor.

Requisitos

  • Os bens e dereitos deben estar inscritos nos rexistros que prevé a Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.
  • A adscrición debe manterse durante un prazo de, polo menos, 5 anos.

Se alugas o che ceden de xeito temporal predios rústicos  para  a súa incorporación a polígonos agroforestais, proxectos de aldeas modelo ou agrupacións de xestión conxunta previstos na Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia non pagas imposto de transmisións patrimoniais onerosas porque existe unha dedución do 100%.