Se COMPRAS un INMOBLE USADO (2ª MAN) en ZONA POUCO POBOADA OU ÁREA RURAL para REHABILITALO E CONVERTELO EN VIVENDA podes aplicar o tipo reducido do 4% no imposto de transmisións patrimoniais onerosas en lugar do tipo xeral do 8%.
Cálculo do aforro fiscal
CASO XERAL | TIPO REDUCIDO REHABILITACIÓN | |
VALOR DA VIVENDA | 150.000 € | 150.000 € |
TIPO | 8% | 4% |
A INGRESAR | 12.000 € | 6.000 € |
AFORRO FISCAL |
| 6.000 € |
Requisitos
- Son obras de rehabilitación as que reúnan os requisitos establecidos no artigo 20.Un.22.º B) da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.
- O inmoble deberá ter o uso de vivenda ao remate das obras de rehabilitación.
- Formalizar a compra en escritura pública na cal debe indicarse que o inmoble vai ser obxecto de inmediata rehabilitación.
- As obras de rehabilitación deben estar rematadas nun prazo inferior a 36 meses desde a data de pagamento do imposto.
- El inmoble tense que atopar nalgunha das parroquias que teñen a consideración de zonas pouco poboadas ou áreas rurais. Pódense consultar aquí.
Se REHABILITAS unha vivenda que se atope nunha ALDEA MODELO podes aplicar unha dedución na declaración da renda do 15% das cantidades satisfeitas.
VIVENDA HABITUAL | VIVENDA NON HABITUAL | |
BASE MÁXIMA DEDUCIÓN | 9.000 € | 4.500 € |
Requisitos
- Que a vivenda se destine a residencia de quen a rehabilita
- Que a vivenda se sitúe en terreos integrados en proxectos de aldeas modelo, de conformidade coa Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.
- Son obras de rehabilitación as definidas no punto 2 do artigo 5.vinte do Decreto Lexislativo 1/2011, do 28 de xullo, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado.