Se COMPRAS unha VIVENDA USADA (2ª MAN) en ZONA POUCO POBOADA OU ÁREA RURAL podes aplicar o tipo reducido do 6% no imposto de transmisións patrimoniais onerosas en lugar do tipo xeral do 8%.
Cálculo do aforro fiscal
| CASO XERAL | TIPO REDUCIDO | |
| VALOR DA VIVENDA | 150.000 € | 150.000 € |
| TIPO | 8% | 6% |
| A INGRESAR | 12.000 € | 9.000 € |
| AFORRO FISCAL |
| 3.000 € |
Requisitos
- A vivenda tense que atopar nalgunha das parroquias que teñen a consideración de zonas pouco poboadas ou áreas rurais. Pódense consultar aquí
Se a vivenda que compras en ZONA POUCO POBOADA OU ÁREA RURAL vai ser a túa VIVENDA HABITUAL podes aplicar o tipo reducido do 5% no imposto de transmisións patrimoniais onerosas en lugar do tipo xeral do 8%.
Cálculo do aforro fiscal
| CASO XERAL | TIPO REDUCIDO | |
| PREZO DA VIVENDA | 200.000 € | 200.000 € |
| TIPO | 8% | 5% |
| A INGRESAR | 16.000 € | 10.000 € |
| AFORRO FISCAL |
| 6.000 € |
Requisitos
- A vivenda tense que atopar nalgunha das parroquias que teñen a consideración de zonas pouco poboadas ou áreas rurais. Pódense consultar aquí.
- Que sexa a vivenda habitual.
- Formalizar a compra en escritura pública e indicar que vai ser a vivenda habitual.
- Límites:
- prezo de adquisición da vivenda non poderá exceder de 240.000 €, e
- a suma do patrimonio dos adquirentes máis o valor de adquisición da vivenda non pode superar os 240.000 €. A valoración do patrimonio realizarase conforme as regras do imposto sobre o patrimonio á data da adquisición do inmoble.
Estes límites incrementaranse en 30.000 € por cada membro da unidade familiar que exceda do primeiro.
Exemplo.
Un matrimonio ou parella de feito con dúas fillas compran unha vivenda. Importe de ambos os límites 240.000 € + 30.000 € x 3 = 330.000 €.
Límites:
- Prezo de adquisición da vivenda, menor ou igual 330.000 €.
- Suma do patrimonio dos catro membros da unidade familiar + prezo de compra da vivenda, menor ou igual a 330.000 €.
Se tes menos de 36 anos e COMPRAS unha VIVENDA USADA (2ª MAN) en ZONA POUCO POBOADA ou ÁREA RURAL que vai ser a túa VIVENDA HABITUAL non pagas imposto de transmisións patrimoniais onerosas porque existe unha dedución do 100%.
Cálculo do aforro fiscal
| CASO XERAL | TIPO REDUCIDO MOZAS/OS VIVENDA EN ZONAS POUCO POBOADAS | |
| PREZO DA VIVENDA | 200.000 € | 200.000 € |
| TIPO | 8% | 3% |
| COTA A INGRESAR | 16.000 € | 6.000 € |
| DEDUCIÓN | - | -6.000 € |
| A PAGAR | 16.000 € | 0 € |
| AFORRO FISCAL |
| 16.000 € |
Requisitos
- Ter menos de 36 anos.
- A vivenda tense que atopar nalgunha das parroquias que teñen a consideración de zonas pouco poboadas ou áreas rurais. Pódense consultar aquí.
- Que sexa a vivenda habitual.
- Formalizar a compra en escritura pública e sinalar que vai ser a vivenda habitual e a data de nacemento do adquirente.
- Límites:
- prezo de adquisición da vivenda non poderá exceder de 240.000 €, e
- a suma do patrimonio dos adquirentes máis o valor de adquisición da vivenda non pode superar os 240.000 €. A valoración do patrimonio realizarase conforme as regras do imposto sobre o patrimonio á data da adquisición do inmoble.
Estes límites incrementaranse en 30.000 € por cada membro da unidade familiar que exceda do primeiro.
Exemplo.
Un matrimonio ou parella de feito con dúas fillas compran unha vivenda. Importe de ambos os límites 240.000 € + 30.000 € x 3 = 330.000 €.
Límites:
- Prezo de adquisición da vivenda, menor ou igual 330.000 €.
- Suma do patrimonio dos catro membros da unidade familiar + prezo de compra da vivenda, menor ou igual a 330.000 €.
Se formas parte dunha FAMILIA NUMEROSA e COMPRAS unha VIVENDA USADA (2ª MAN) en ZONA POUCO POBOADA ou ÁREA RURAL que vai ser a túa VIVENDA HABITUAL non pagas imposto de transmisións patrimoniais onerosas porque existe unha dedución do 100%.
Cálculo do aforro fiscal
| CASO XERAL | TIPO REDUCIDO FAMILIA NUMEROSA VIVENDA EN ZONAS POUCO POBOADAS | |
| PREZO DA VIVENDA | 300.000 € | 300.000 € |
| TIPO | 8% | 3% |
| COTA A INGRESAR | 24.000 € | 9.000 € |
| DEDUCIÓN | - | -9.000 € |
| A PAGAR | 24.000 € | 0 € |
| AFORRO FISCAL |
| 24.000 € |
Requisitos
- Ter o título oficial de familia numerosa en vigor.
- A vivenda tense que atopar nalgunha das parroquias que teñen a consideración de zonas pouco poboadas ou áreas rurais. Pódense consultar aquí.
- Que sexa a vivenda habitual.
- Formalizar a compra en escritura pública e indicar que vai ser a vivenda habitual.
- Límites:
- o prezo de adquisición da vivenda non poderá exceder de 400.000 €, e
- a suma do patrimonio de todos os membros da familia numerosa non pode superar os 400.000 €. A valoración do patrimonio realizarase conforme as regras do imposto sobre o patrimonio á data da adquisición do inmoble, incluíndo o seu valor.
Estes límites incrementaranse en 50.000 € por cada membro superior ao mínimo para obter a condición de familia numerosa.
Exemplo.
Unha familia numerosa compra unha vivenda
a) Familia de dous proxenitores e tres fillas/os.
Importe de ambos os límites 400.000 €.
Límites:
- Prezo de adquisición da vivenda, menor ou igual 400.000 €.
- Suma do patrimonio dos cinco membros da unidade familiar + prezo de compra da vivenda, menor ou igual a 400.000 €.
b) Familia dos dous proxenitores e catro fillas/os.
Importe de ambos os límites 400.000 € + 50.000 € = 450.000 €.
Límites:
- Prezo de adquisición da vivenda, menor ou igual 450.000 €.
- Suma do patrimonio dos seis membros da unidade familiar + prezo de compra da vivenda, menor ou igual a 450.000 €.
Se formas parte dunha FAMILIA MONOPARENTAL e COMPRAS unha VIVENDA USADA (2ª MAN) en ZONA POUCO POBOADA ou ÁREA RURAL que vai ser a túa VIVENDA HABITUAL non pagas imposto de transmisións patrimoniais onerosas porque existe unha dedución do 100%.
Cálculo do aforro fiscal
| CASO XERAL | TIPO REDUCIDO MOZOS/AS VIVENDA EN ZONAS POUCO POBOADAS | |
| PREZO DA VIVENDA | 200.000 € | 200.000 € |
| TIPO | 8% | 3% |
| COTA A INGRESAR | 16.000 € | 6.000 € |
| DEDUCIÓN | - | -6.000 € |
| A PAGAR | 16.000 € | 0 € |
| AFORRO FISCAL |
| 16.000 € |
Requisitos
-
Estar inscrita no Rexistro de Familias Monoparentais Galegas.
-
A vivenda tense que atopar nalgunha das parroquias que teñen a consideración de zonas pouco poboadas ou áreas rurais. Pódense consultar aquí.
-
Que sexa a vivenda habitual.
-
Formalizar a compra en escritura pública e sinalar que vai ser a vivenda habitual.
-
Límites:
- prezo de adquisición da vivenda non poderá exceder de 240.000 €, e
- a suma do patrimonio dos adquirentes máis o valor de adquisición da vivenda non pode superar os 240.000 €. A valoración do patrimonio realizarase conforme as regras do imposto sobre o patrimonio á data da adquisición do inmoble.
Estes límites incrementaranse en 30.000 € por cada membro da unidade familiar que exceda do primeiro.
Exemplo.
Unha familia monoparental cun proxenitor e dous fillos compran unha vivenda. Importe de ambos os límites 240.000 € + 30.000 € x 2 = 300.000 €.
Límites:
- Prezo de adquisición da vivenda, menor ou igual 300.000 €.
- Suma do patrimonio dos tres membros da unidade familiar + prezo de compra da vivenda, menor ou igual a 300.000 €.
Se es unha persoa cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % e COMPRAS unha VIVENDA USADA (2ª MAN) en ZONA POUCO POBOADA ou ÁREA RURAL que vai ser a túa VIVENDA HABITUAL non pagas imposto de transmisións patrimoniais onerosas porque existe unha dedución do 100%.
Cálculo do aforro fiscal
| CASO XERAL | TIPO REDUCIDO PERSOA CON DISCAPACIDADE VIVENDA EN ZONAS POUCO POBOADAS | |
| PREZO DA VIVENDA | 300.000 € | 300.000 € |
| TIPO | 8% | 3% |
| COTA A INGRESAR | 24.000 € | 9.000 € |
| DEDUCIÓN | - | -9.000 € |
| A PAGAR | 24.000 € | 0 € |
| AFORRO FISCAL |
| 24.000 € |
Requisitos
- Ser unha persoa con discapacidade física, psíquica ou sensorial cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.
- A vivenda tense que atopar nalgunha das parroquias que teñen a consideración de zonas pouco poboadas ou áreas rurais. Pódense consultar aquí.
- Que sexa a vivenda habitual.
- Formalizar a compra en escritura pública e indicar que vai ser a vivenda habitual.
Se es unha vítima de violencia de xénero e COMPRAS unha VIVENDA USADA (2ª MAN) en ZONA POUCO POBOADA ou ÁREA RURAL que vai ser a túa VIVENDA HABITUAL non pagas imposto de transmisións patrimoniais onerosas porque existe unha dedución do 100%.
Cálculo do aforro fiscal
| CASO XERAL | TIPO REDUCIDO VÍTIMA DE VIOLENCIA DE XÉNERO VIVENDA EN ZONAS POUCO POBOADAS | |
| PREZO DA VIVENDA | 200.000 € | 200.000 € |
| TIPO | 8% | 3% |
| COTA A INGRESAR | 16.000 € | 6.000 € |
| DEDUCIÓN | - | -6.000 € |
| A PAGAR | 16.000 € | 0 € |
| AFORRO FISCAL |
| 16.000 € |
Requisitos
- Que a persoa adquirente estea nalgunha das situacións de violencia de xénero descritas na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
- Que sexa a vivenda habitual.
- O prezo da vivenda non exceda os 240.000 €, máis 30.000 € adicionais por cada membro da unidade que exceda do primeiro.
- A vivenda tense que atopar nalgunha das parroquias que teñen a consideración de zonas pouco poboadas ou áreas rurais. Pódense consultar aquí.
- Formalizar a compra en escritura pública e indicar que vai ser a vivenda habitual.
Se COMPRAS unha vivenda que se atope nunha ALDEA MODELO podes aplicar unha dedución na declaración da renda do 15% das cantidades satisfeitas.
| VIVENDA HABITUAL | VIVENDA NON HABITUAL | |
| BASE MÁXIMA DEDUCIÓN | 9.000 € | 4.500 € |
Requisitos
- Que a vivenda se destine a residencia de quen a compra.
- Que a vivenda se sitúe en terreos integrados en proxectos de aldeas modelo, de conformidade coa Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.