Beneficios fiscais pola compra de vivenda nova Beneficios fiscais pola compra de vivenda nova

Se tes menos de 36 anos e COMPRAS unha VIVENDA NOVA en ZONA POUCO POBOADA ou ÁREA RURAL que vai ser a túa VIVENDA HABITUAL non pagas imposto de actos xurídicos documentados porque existe unha dedución do 100%.

Cálculo do aforro fiscal

 

CASO XERAL

TIPO REDUCIDO MOZAS/OS

VIVENDA EN ZONAS POUCO POBOADAS

PREZO DA VIVENDA

200.000 €

200.000 €

TIPO

1,5%

0,5%

COTA A INGRESAR

3.000 €

1000 €

DEDUCIÓN

 

-1000 €

A PAGAR

 

0 €

AFORRO FISCAL

 

3.000 €

 

 

Requisitos

  • Ter menos de 36 anos.
  • A vivenda tense que atopar nalgunha das parroquias que teñen a consideración de zonas pouco poboadas ou áreas rurais. Pódense consultar aquí.
  • Que sexa a vivenda habitual.
  • Formalizar a compra en escritura pública e sinalar que vai ser a vivenda habitual e a data de nacemento do adquirente.
  • Límites: 
    • Prezo de adquisición da vivenda non poderá exceder de 240.000 €, e
    • a suma do patrimonio dos adquirentes máis o valor de adquisición da vivenda non pode superar os 240.000 €. A valoración do patrimonio realizarase conforme as regras do imposto sobre o patrimonio á data da adquisición do inmoble.

    Estes límites incrementaranse en 30.000 € por cada membro da unidade familiar que exceda do primeiro.

    Exemplo.

    Un matrimonio ou parella de feito con dúas fillas compran unha vivenda. Importe de ambos os límites 240.000 € + 30.000 € x 3 = 330.000 €.

    Límites:

    • Prezo de adquisición da vivenda, menor ou igual 330.000 €.
    • Suma do patrimonio dos catro membros da unidade familiar + prezo de compra da vivenda, menor ou igual a 330.000 €.

Se formas parte dunha FAMILIA NUMEROSA e COMPRAS unha VIVENDA NOVA en ZONA POUCO POBOADA ou ÁREA RURAL que vai ser a túa VIVENDA non pagas imposto de actos xurídicos documentados porque existe unha dedución do 100%.

Cálculo do aforro fiscal

 

CASO XERAL

TIPO REDUCIDO FAMILIA NUMEROSA

VIVENDA EN ZONAS POUCO POBOADAS

PREZO DA VIVENDA

300.000 €

300.000 €

TIPO

1,5%

0,5%

COTA A INGRESAR

4.500 €

1.500 €

DEDUCIÓN

-

-1.500 €

A PAGAR

4.500 €

0 €

AFORRO FISCAL

 

4.500 €

 

 

Requisitos

  • Ter ao título oficial de familia numerosa en vigor.
  • A vivenda tense que atopar nalgunha das parroquias que teñen a consideración de zonas pouco poboadas ou áreas rurais. Pódense consultar aquí.
  • Que sexa a vivenda habitual.
  • Formalizar a compra en escritura pública e indicar que vai ser a vivenda habitual.
  • Límites:
    • o prezo de adquisición da vivenda non poderá exceder de 400.000 €, e
    • a suma do patrimonio de todos os membros da familia numerosa non pode superar os 400.000 €. A valoración do patrimonio realizarase conforme as regras do imposto sobre o patrimonio á data da adquisición do inmoble, incluíndo o seu valor.

    Estes límites incrementaranse en 50.000 € por cada membro superior ao mínimo para obter a condición de familia numerosa.

Exemplo.

  a)  Familia de dous proxenitores e tres fillas/os.

       Importe de ambos os límites 400.000 €.

       Límites:

       - Prezo de adquisición da vivenda, menor ou igual 400.000 €.

       - Suma do patrimonio dos cinco membros da unidade familiar + prezo de compra da vivenda, menor ou igual a 400.000 €.

  b)  Familia dos dous proxenitores e catro fillas/os.

       Importe de ambos os límites 400.000 € + 50.000 € = 450.000 €.

       Límites:

       - Prezo de adquisición da vivenda, menor ou igual 450.000 €.

       - Suma do patrimonio dos seis membros da unidade familiar + prezo de compra da vivenda, menor ou igual a 450.000 €.

Se formas parte dunha FAMILIA MONOPARENTAL e COMPRAS unha VIVENDA NOVA en ZONA POUCO POBOADA ou ÁREA RURAL que vai ser a túa VIVENDA HABITUAL non pagas imposto de actos xurídicos documentados porque existe unha dedución do 100%.

Cálculo do aforro fiscal

 

CASO XERAL

TIPO REDUCIDO FAMILIA MONOPARENTAL

VIVENDA EN ZONAS POUCO POBOADAS

PREZO DA VIVENDA

200.000 €

200.000 €

TIPO

1,5%

0,5%

COTA A INGRESAR

3.000 €

1.000 €

DEDUCIÓN

-

-1.000 €

A PAGAR

3.000 €

0 €

AFORRO FISCAL

 

3.000 €

 

 

Requisitos

  • Estar inscrita no Rexistro de Familias Monoparentais Galegas.
  • A vivenda tense que atopar nalgunha das parroquias que teñen a consideración de zonas pouco poboadas ou áreas rurais. Pódense consultar aquí.
  • Que sexa a vivenda habitual.
  • Formalizar a compra en escritura pública e sinalar que vai ser a vivenda habitual.
  • Límites: 
    • Prezo de adquisición da vivenda non poderá exceder de 240.000 €, e
    • a suma do patrimonio dos adquirentes máis o valor de adquisición da vivenda non pode superar os 240.000 €. A valoración do patrimonio realizarase conforme as regras do imposto sobre o patrimonio á data da adquisición do inmoble.

    Estes límites incrementaranse en 30.000 € por cada membro da unidade familiar que exceda do primeiro.

    Exemplo.

    Unha familia monoparental cun proxenitor e dúas fillas compran unha vivenda. Importe de ambos os límites 240.000 € + 30.000 € x 2 = 300.000 €.

    Límites:

    • Prezo de adquisición da vivenda, menor ou igual 300.000 €.
    • Suma do patrimonio dos tres membros da unidade familiar + prezo de compra da vivenda, menor ou igual a 300.000 €.

Se es unha persoa cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % e COMPRAS unha VIVENDA NOVA en ZONA POUCO POBOADA ou ÁREA RURAL que vai ser a túa VIVENDA HABITUAL non pagas imposto de actos xurídicos documentados porque existe unha dedución do 100%.

Cálculo do aforro fiscal

 

CASO XERAL

TIPO REDUCIDO

PERSOA CON DISCAPACIDADE

VIVENDA EN ZONAS POUCO POBOADAS

VALOR DA VIVENDA

300.000 €

300.000 €

TIPO

1,5%

0,5%

COTA A INGRESAR

4.500 €

1.500 €

DEDUCIÓN

-

-1.500 €

A PAGAR

4.500 €

0 €

AFORRO FISCAL

 

4.500 €

 

 

Requisitos

  • Ser unha persoa con discapacidade física, psíquica ou sensorial cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.
  • A vivenda tense que atopar nalgunha das parroquias que teñen a consideración de zonas pouco poboadas ou áreas rurais. Pódense consultar aquí.
  • Que sexa a vivenda habitual.
  • Formalizar a compra en escritura pública e indicar que vai ser a vivenda habitual.

Se es unha vítima de violencia de xénero e COMPRAS unha VIVENDA NOVA en ZONA POUCO POBOADA ou ÁREA RURAL que vai ser a túa VIVENDA HABITUAL non pagas imposto de actos xurídicos documentados porque existe unha dedución do 100%.

Cálculo do aforro fiscal

 

CASO XERAL

TIPO REDUCIDO

VÍTIMA DE VIOLENCIA DE XÉNERO

VIVENDA EN ZONAS POUCO POBOADAS

PREZO DA VIVENDA

200.000 €

200.000 €

TIPO

1,5%

0,5%

COTA A INGRESAR

3.000 €

1.000 €

DEDUCIÓN

 

-1.000 €

A PAGAR

 

0 €

AFORRO FISCAL

 

3.000 €

 

 

Requisitos

  • Que a persoa adquirente estea nalgunha das situacións de violencia de xénero descritas na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
  • Que sexa a vivenda habitual
  • O prezo da vivenda non exceda os 240.000 €, máis 30.000 € adicionais por cada membro da unidade que exceda do primeiro.
  • A vivenda tense que atopar nalgunha das parroquias que teñen a consideración de zonas pouco poboadas ou áreas rurais. Pódense consultar aquí.
  • Formalizar a compra en escritura pública e indicar que vai ser a vivenda habitual.

Se COMPRAS unha vivenda que se atope nunha ALDEA MODELO podes aplicar unha dedución na declaración da renda do 15% das cantidades satisfeitas.

 

VIVENDA HABITUAL

VIVENDA NON HABITUAL

BASE MÁXIMA DEDUCIÓN

9.000 €

4.500 €

 

Requisitos

  • Que a vivenda se destine a residencia de quen a compra.
  • Que a vivenda se sitúe en terreos integrados en proxectos de aldeas modelo, de conformidade coa Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.