As COMPRAS de INMOBLES USADOS (2ª MAN) que se atopen en ZONA POUCO POBOADA OU ÁREA RURAL que se afecten como inmobilizado material a unha actividade económica non pagan imposto de transmisións patrimoniais onerosas porque existe unha dedución do 100%.
Cálculo do aforro fiscal
CASO XERAL | INMOBLE USADO ZONAS POUCO POBOADAS | |
VALOR DO INMOBLE | 150.000 € | 150.000 € |
TIPO | 8 % | 8 % |
A COTA A INGRESAR | 12.000 | 12.000 € |
DEDUCIÓN |
| -12.000 € |
A PAGAR |
| 0 |
AFORRO FISCAL | 12.000€ |
Requisitos
- Que o inmoble se afecte ao desenvolvemento dunha actividade económica nun prazo máximo dun ano dende a compra. Non ten a consideración de actividade económica o arrendamento de inmobles, nin a xestión dun patrimonio mobiliario ou inmobiliario.
- A empresa debe ter a consideración de empresa de reducida dimensión
- Formalizar a compra en escritura pública na cal farase constar a finalidade de afectar o inmoble á actividade económica.
- Durante os 24 meses posteriores á compra debe realizarse unha ampliación do persoal medio da empresa de, polo menos, unha persoa con respecto ao persoal medio dos 12 meses anteriores, e dito incremento manterse durante outros 24 meses.
- O inmoble tense que atopar nalgunha das parroquias que teñen a consideración de zonas pouco poboadas ou áreas rurais. Pódense consultar aquí.
As COMPRAS de INMOBLES NOVOS que se atopen en ZONA POUCO POBOADA OU ÁREA RURAL que aféctense como inmobilizado material a unha actividade económica non pagan imposto de actos xurídicos documentados porque existe unha dedución do 100%.
Cálculo do aforro fiscal
CASO XERAL | INMOBLE NOVO ZONAS POUCO POBOADAS | |
VALOR DO INMOBLE | 150.000 € | 150.000 € |
TIPO | 1,5 % | 1,5 % |
A COTA A INGRESAR | 2.250 € | 2.250 € |
DEDUCIÓN |
| -2.250 € |
A PAGAR |
| 0 |
AFORRO FISCAL |
| 2.250€ |
Requisitos
- Que o inmoble se afecte ao desenvolvemento dunha actividade económica nun prazo máximo dun ano dende a compra. Non ten a consideración de actividade económica o arrendamento de inmobles, nin a xestión dun patrimonio mobiliario ou inmobiliario.
- A empresa debe ter a consideración de reducida dimensión.
- Formalizar a compra en escritura pública na cal farase constar a finalidade de afectar o inmoble á actividade económica.
- Durante os 24 meses posteriores á compra debe realizarse unha ampliación do persoal medio da empresa de, polo menos, unha persoa con respecto ao persoal medio dos 12 meses anteriores e dito incremento manterse durante outros 24 meses.
- O inmoble tense que atopar atope nalgunha das parroquias que teñen a consideración de zonas pouco poboadas ou áreas rurais. Pódense consultar aquí.
As operacións de agrupación, división, segregación, declaración de obra nova ou división horizontal de inmobles que se atopen en ZONA POUCO POBOADA OU ÁREA RURAL que se afecten como inmobilizado material a unha actividade económica non pagan imposto de actos xurídicos documentados porque existe unha dedución do 100%.
Cálculo do aforro fiscal
CASO XERAL | ZONAS POUCO POBOADAS | |
VALOR DO INMOBLE | 150.000 € | 150.000 € |
TIPO | 1,5 % | 1,5 % |
A COTA A INGRESAR | 2.250 € | 2.250 € |
DEDUCIÓN |
| -2.250 € |
A PAGAR |
| 0 |
AFORRO FISCAL |
| 2.250€ |
Requisitos.