Beneficios fiscais para familias monoparentais por compra dunha vivenda usada (2ª man) Beneficios fiscais para familias monoparentais por compra dunha vivenda usada (2ª man)

Se formas parte dunha FAMILIA MONOPARENTAL e COMPRAS unha VIVENDA USADA (2ª MAN) que vai ser a túa VIVENDA HABITUAL podes aplicar o tipo reducido do 3% no imposto de transmisións patrimoniais onerosas en lugar do tipo xeral do 8%.

Cálculo do aforro fiscal

CASO XERAL

TIPO REDUCIDO FAMILIA MONOPARENTAL

PREZO DA VIVENDA

200.000 €

200.000 €

TIPO

8%

3%

A PAGAR

16.000 €

6.000 €

AFORRO FISCAL

10.000 €

Requisitos

  • Estar inscrita no Rexistro de Familias Monoparentais Galegas
  • Que sexa a vivenda habitual
  • Formalizar a compra en escritura pública e sinalar que vai ser a vivenda habitual e a data de nacemento do adquirinte.
  • Límites:  
    • prezo de adquisición da vivenda non poderá exceder de 240.000 €, e 
    • a suma do patrimonio dos adquirentes máis o valor de adquisición da vivenda non pode superar os 240.000 €. A valoración do patrimonio realizarase conforme as regras do imposto sobre o patrimonio á data da adquisición do inmoble.

Estes límites incrementaranse en 30.000 € por cada membro da unidade familiar que exceda do primeiro. 

Exemplo

Unha familia monoparental cun proxenitor e dúas fillas compran unha vivenda. Importe de ambos os límites 240.000 € + 30.000 € x 2 = 300.000 €.
Límites:

  • Prezo de adquisición da vivenda, menor ou igual 300.000 €.
  • Suma do patrimonio dos tres membros da unidade familiar + prezo de compra da vivenda, menor ou igual a 300.000 €.

Se formas parte dunha FAMILIA MONOPARENTAL e COMPRAS unha VIVENDA USADA (2ª MAN) en ZONA POUCO POBOADA ou ÁREA RURAL que vai ser a túa VIVENDA HABITUAL non pagas imposto de transmisións patrimoniais onerosas porque existe unha dedución do 100%.

Cálculo do aforro fiscal

CASO XERAL

TIPO REDUCIDO FAMILIA MONOPARENTAL CON

VIVENDA EN ZONAS POUCO POBOADAS

PREZO DA VIVENDA

200.000 €

200.000 €

TIPO

8%

3%

COTA A INGRESAR

16.000 €

6.000 €

DEDUCIÓN

-

-6.000 €

A PAGAR

16.000 €

0 €

AFORRO FISCAL

16.000 €

Requisitos
  • Estar inscrita no Rexistro e Familias Monoparentais Galegas.
  • A vivenda tense que atopar nalgunha das parroquias que teñen a consideración de zonas pouco poboadas ou áreas rurais. Pódense consultar aquí
  • Que sexa a vivenda habitual
  • Formalizar a compra en escritura pública e indicar que vai ser a vivenda habitual
  • Límites:  
    • prezo de adquisición da vivenda non poderá exceder de 240.000 €, e

    • a suma do patrimonio dos adquirentes máis o valor de adquisición da vivenda non pode superar os 240.000 €. A valoración do patrimonio realizarase conforme as regras do imposto sobre o patrimonio á data da adquisición do inmoble.
      Estes límites incrementaranse en 30.000 € por cada membro da unidade familiar que exceda do primeiro. 

Exemplo.