Se formas parte dunha FAMILIA NUMEROSA e COMPRAS unha VIVENDA NOVA que vai ser a túa VIVENDA HABITUAL podes aplicar o tipo reducido do 0,5% no imposto de actos xurídicos documentados en lugar do tipo xeral do 1,5%.
Cálculo do aforro fiscal
| CASO XERAL | TIPO REDUCIDO FAMILIA NUMEROSA | |
| VALOR DA VIVENDA | 300.000 € | 300.000 € |
| TIPO | 1,5% | 0,5% |
| A PAGAR | 4.500 € | 1.500 € |
| AFORRO FISCAL |
| 3.000 € |
- Pertencer ao título oficial de familia numerosa en vigor
- Que sexa a vivenda habitual
- Formalizar a compra en escritura pública e indicar que vai ser a vivenda habitual
- Límite de patrimonio: a suma do patrimonio de tódolos membros da familia numerosa non pode superar os 400.000 €, máis 50.000 € adicionais por cada membro superior ao mínimo para obter a condición de familia numerosa. No cómputo deste límite hai que ter en conta o valor de compra da vivenda e non se deduce a débeda asumida pola adquisición.
Se formas parte dunha FAMILIA NUMEROSA e COMPRAS unha VIVENDA NOVA en ZONA POUCO POBOADA ou ÁREA RURAL que vai ser a túa VIVENDA HABITUAL non pagas imposto de actos xurídicos documentados porque existe unha dedución do 100%.
Cálculo do aforro fiscal
| CASO XERAL | TIPO REDUCIDO FAMILIA NUMEROSA CON VIVENDA EN ZONAS POUCO POBOADAS | |
| VALOR DA VIVENDA | 300.000 € | 300.000 € |
| TIPO | 1,5% | 0,5% |
| COTA A INGRESAR | 4.500 € | 1.500 € |
| DEDUCIÓN | - | -1.500 € |
| A PAGAR | 4.500 € | 0 € |
| AFORRO FISCAL |
| 4.500 € |
- Pertencer ao título oficial de familia numerosa en vigor
- A vivenda tense que atopar nalgunha das parroquias que teñen a consideración de zonas pouco poboadas ou áreas rurais. Pódense consultar aquí