Beneficios fiscais para familias numerosas por compra dunha vivenda nova Beneficios fiscais para familias numerosas por compra dunha vivenda nova

Se formas parte dunha FAMILIA NUMEROSA e COMPRAS unha VIVENDA NOVA que vai ser a túa VIVENDA HABITUAL podes aplicar o tipo reducido do 0,5% no imposto de actos xurídicos documentados en lugar do tipo xeral do 1,5%.

Cálculo do aforro fiscal

CASO XERAL

TIPO REDUCIDO

FAMILIA NUMEROSA

PREZO DA VIVENDA

300.000 €

300.000 €

TIPO

1,5%

0,5%

A PAGAR

4.500 €

1.500 €

AFORRO FISCAL

3.000 €

Requisitos
  • Pertencer ao título oficial de familia numerosa en vigor
  • Que sexa a vivenda habitual
  • Formalizar a compra en escritura pública e indicar que vai ser a vivenda habitual
  • Límites:  
    • o prezo de adquisición da vivenda non poderá exceder de 400.000 €, e  
    • a suma do patrimonio de todos os membros da familia numerosa non pode superar os 400.000 €. A valoración do patrimonio realizarase conforme as regras do imposto sobre o patrimonio á data da adquisición do inmoble, incluíndo o seu valor.    

Estes límites incrementaranse en 50.000 € por cada membro superior ao mínimo para obter a condición de familia numerosa.  

Exemplo. 
Unha familia numerosa compra unha vivenda 

a) Familia de dous proxenitores e tres fillas/os.  
Importe de ambos os límites 400.000 €. 
Límites: 

  • Prezo de adquisición da vivenda, menor ou igual 400.000 €. 
  • Suma do patrimonio dos cinco membros da unidade familiar + prezo de compra da vivenda, menor ou igual a 400.000 €. 

b) Familia dos dous proxenitores e catro fillas/os. 

Importe de ambos os límites 400.000 € + 50.000 € = 450.000 €.

Límites: 

  • Prezo de adquisición da vivenda, menor ou igual 450.000 €.  
  • Suma do patrimonio dos seis membros da unidade familiar + prezo de compra da vivenda, menor ou igual a 450.000 €. 

Se formas parte dunha FAMILIA NUMEROSA e COMPRAS unha VIVENDA NOVA en ZONA POUCO POBOADA ou ÁREA RURAL que vai ser a túa VIVENDA HABITUAL non pagas imposto de actos xurídicos documentados porque existe unha dedución do 100%.

Cálculo do aforro fiscal

CASO XERAL

TIPO REDUCIDO

FAMILIA NUMEROSA

CON VIVENDA EN ZONAS POUCO POBOADAS

PREZO DA VIVENDA

300.000 €

300.000 €

TIPO

1,5%

0,5%

COTA A INGRESAR

4.500 €

1.500 €

DEDUCIÓN

-

-1.500 €

A PAGAR

4.500 €

0 €

AFORRO FISCAL

4.500 €

Requisitos
  • Pertencer ao título oficial de familia numerosa en vigor
  • A vivenda tense que atopar nalgunha das parroquias que teñen a consideración de zonas pouco poboadas ou áreas rurais. Pódense consultar aquí