Se tes fillas/os en educación primaria, secundaria ou educación especial, podes aplicar na declaración da renda unha dedución polo 15% das cantidades satisfeitas pola adquisición de libros de texto e material escolar para ditos niveis educativos, cun máximo de 105 € por filla/fillo.
Requisitos:
- Que as/os fillas/os cursen educación primaria, secundaria ou educación especial nun centro público ou concertado.
- Que dean dereito a aplicar o mínimo por descendentes no imposto da renda.
- Límite de renda: a renda per cápita da unidade familiar non supere os 30.000 €.
- O gasto acreditarase mediante factura detallada dos bens adquiridos e os xustificantes de pago por tarxeta, transferencia bancaria, cheque nominativo, ingreso en conta ou a través de plataformas de pagos electrónicos instantáneos.