A través da plataforma Bizum, pódese pagar calquera imposto, taxa ou ingreso xestionados pola Axencia Tributaria de Galicia dende a Oficina Virtual Tributaria (OV Tributaria).
- Sen certificado/Con certificado (Consulta e pago de débedas - Pago telemático de multas e sancións – Pago de taxas e prezos):
- 706. Liquidacións telemáticas ou con NRC.
- 707. Liquidacións notificadas pola Administración.
- 708. Pagos aprazados ou fraccionados.
- 710. Providencias de constrinximento cuxa recadación é competencia da Delegación.
- 717. Autoliquidacións telemáticas ou con NRC.
- 731. Taxas e prezos e sancións.
- 739. Taxas e prezos e sancións vía telemática.
- 990. Providencia de constrinximento.
- 991. Ingresos en zona.
- Autoliquidación presentada con certificado:
- Modelo 593. Imposto sobre o depósito de residuos en vertedoiros, a incineración e a coincineración de residuos.
- Modelo 600. Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.
- Modelo 620. Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Transmisión de determinados medios de transporte usados.
- Modelo 650. Imposto sobre sucesións e doazóns. Autoliquidación-sucesións.
- Modelo 651. Imposto sobre sucesións e doazóns. Autoliquidación-doazóns.
1. Ao realizar o pago dunha liquidación, débeda, taxa, prezo ou sanción na OV Tributaria, introducidos os datos da carta de pago (706, 707, 708, 710, 717, 731 ou 739) ou o número de providencia de constrinximento (990, 991), hai que seleccionar a opción de pago con Tarxeta/Bizum.
Cando se trate dunha autoliquidación realizada con certificado dixital, seleccionado o tipo de pago telemático, deberá optar polo modo de pago Tarxeta/Bizum.
2. Na pasarela de pago electrónico da entidade bancaria adxudicataria do contrato para a prestación do servizo, seleccionada a Forma de pago-Bizum, solicitarase o número de teléfono á persoa usuaria quen poderá efectuar o pago se está dada de alta nalgunha das entidades financeiras que ofrecen o servizo de Bizum
3. A confirmación do pago por Bizum levará a diferentes pantallas segundo o control de acceso/autenticación (dobre factor) asociado á entidade bancaria do usuario. Algunhas requiren aceptar a transacción mediante a aplicación móbil e outras piden introducir a clave (catro díxitos) que se informou cando se activou o servizo Bizum.
4. Ao finalizar o pago, xérase un xustificante que se poderá obter na propia sede electrónica de forma inmediata.
- 1.500€ por operación
- 2.500€ por persoa usuaria e día
- 9.000€ por persoa usuaria e mes