Esta operación está suxeita pero exenta do Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados (modalidade Transmisións Patrimoniais Onerosas) polo artigo 45.I.B) apartado 15 do Real Decreto Lexislativo 1/1993.
Para a tramitación do imposto debe redactarse un contrato de préstamo. Non é necesaria a formalización en escritura notarial, basta o documento privado no que consten todos os acordos pactados entre as partes.
Deberá presentarse o modelo 600 con clave PO0 como exento no prazo de 1 mes desde que se realice o contrato.
A persoa obrigada á devandita presentación, como suxeito pasivo, é a persoa que recibe o diñeiro.