Actos xurídicos documentados: documentos notariais
As escrituras, actas e testemuños notariais están suxeitas á modalidade de actos xurídicos documentados, documentos notariais, autoliquidándose co modelo 600.
QUEN DECLARA O IMPOSTO?
O comprador ou beneficiario da operación.
CAL É O PRAZO DE PRESENTACIÓN?
Un mes.
COMO PRESENTO O IMPOSTO?
Podes presentalo de forma electrónica a través da Oficina Virtual Tributaria, ou ben de forma presencial acudindo a algunha das nosas oficinas.
CAL É O TIPO IMPOSITIVO?
O 1,5% con carácter xeral.
Consulta a guía do imposto para coñecer os tipos reducidos aprobados por Galicia.
CITA
Se queres acudir ás nosas oficinas para presentar o imposto con cita, podes pedila a través deste enlace.
Temas relacionados
-
Valoración de bens inmobles
Poñemos á súa disposición os seguintes medios para que poida exercer o seu dereito a ser informado dos valores dos inmobles que serán obxecto de adquisición ou cesión.
Saber máis -