A xeración de afeccións e impactos visuais e ambientais adversos sobre o medio natural e sobre o territorio, como consecuencia da instalación en parques eólicos de aeroxeradores afectos á produción de enerxía eléctrica e situados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
As persoas ou entidades que leven a cabo a explotación dun parque eólico, aínda que non sexan titulares dunha autorización administrativa para a súa instalación.
Presúmese que dita explotación é realizada pola persoa ou entidade titular da autorización administrativa, salvo proba en contra.
- Vinte primeiros días naturais do segundo mes seguinte á data da autorización de explotación, o primeiro ano de funcionamento do parque.
- Vinte primeiros días naturais do mes de xaneiro, o resto de anos.
Artigo 2 e 3 da Orde de 27 de xaneiro de 2014
En todo caso a presentación será electrónica, a través da OVT, con certificado dixital.
Previamente deben estar dados de alta como usuarios autorizados ante a Atriga.
Utilizarase o modelo 007 para a declaración de alta, baixa ou modificación de datos no Centro electrónico de parques eólicos de Galicia e o modelo 012 para a autoliquidación do imposto.
Artigo 15 da Orde de 27 de xaneiro de 2014
O pago poderá realizarse de forma presencial nas entidades colaboradoras autorizadas para os pagos presenciais con NRC ou mediante xiro postal nas Oficinas de Correos ou, no rural, a través dos carteiros rurais, co documento de ingreso telemático presencial (Modelo 717).
Unha vez feito, deberá completar a presentación da autoliquidación a través da OVT (apartado "Operacións realizadas", onde introducirá o NRC xerado).
O pago pode realizarse de forma electrónica, no momento da confección, a través de:
- Domiciliación bancaria. A conta designada debe cumprir as seguintes condicións:
- Ser propiedade do obrigado ao pago.
- Tratarse dunha conta á vista ou dunha conta de aforro que admita a domiciliación de pagos.
- Estar aberta nunha entidade de crédito autorizada como colaboradora na xestión recadatoria da Atriga ou entidade de crédito que se encontre dentro da zona SEPA. - Cargo en conta.
- Pago con tarxeta de débito ou crédito mediante TPV virtual (co límite de 5.100 €).
- Pago por Bizum
Máis información sobre o xiro postal, domiciliación bancaria e Bizum
Recoñecemento de débeda e pago mediante transferencia: o contribuínte que non dispoña dunha conta da súa titularidade aberta en ningunha das entidades colaboradoras pode pagar a totalidade da débeda tributaria previo recoñecemento da mesma, mediante transferencia bancaria.
A base impoñible é a suma das unidades de aeroxeradores existentes nun parque eólico no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
| Número de aeroxeradores/parque eólico | Euros por cada aeroxerador |
| Entre 1 e 3 | 0 |
| Entre 4 e 7 | 2.300 |
| Entre 8 e 15 | 4.100 |
| Máis de 15 | 5.900 |
Durante o primeiro e último ano de explotación do parque eólico os tipos de gravame ratearanse en función do número de días do período impositivo.
Máis información: Como acceder á Oficina Virtual como usuario autorizado