Beneficios fiscais vinculados a elementos afectos Beneficios fiscais vinculados a elementos afectos

Se compras o pleno dominio ou o usufruto de elementos afectos a unha explotación agraria, sexa de forma individualizada ou sexa a explotación agraria na súa integridade, non pagas imposto de transmisións patrimoniais onerosas nin de actos xurídicos documentados porque existe unha dedución do 100% en ámbalas dúas modalidades.

Cálculo do aforro fiscal

 

TRANSMISIONS

PATRIMONIAIS ONEROSAS

ACTOS XURÍDICOS DOCUMENTADOS

 

CASO XERAL

PARCELAS

FORESTAIS

CASO XERAL

PARCELAS FORESTAIS

VALOR DA OPERACIÓN

200.000 €

200.000 €

200.000 €

2000.000 €

TIPO

8 %

8 %

1,5 %

1,5 %

A COTA A INGRESAR

16.000 €

16.000 €

3.000 €

3.000 €

DEDUCIÓN

 

-16.000 €

 

-3.000 €

A PAGAR

 

0

 

0

AFORRO FISCAL

 

16.000€

 

3.000€

 

Requisitos

  • Formalizar a compra en escritura pública.
  • Que os elementos adquiridos se manteñan afectos á explotación agraria durante os 5 anos posteriores, ben directamente por parte do adquirente, agás que este faleza dentro deste prazo, ou ben por parte daquelas persoas ás que o adquirente lles transmitise os elementos en virtude dun pacto sucesorio.
  • O titular da explotación durante o prazo dos 5 anos anteriores debe ter a condición de persoa agricultora profesional ou silvicultora activa.
  • Que a explotación agraria de procedencia dos elementos afectos viñese exercendo actividades agrarias durante un período superior aos dous anos anteriores á devindicación.

Se herdas elementos que estaban afectos a unha explotación agraria ou dereitos de usufruto sobre estes podes aplicar unha redución do 99% sobre o seu valor no imposto de sucesións.

Requisitos

  • Que teñas algún dos seguintes vínculos co causante: cónxuxe, descendente ou adoptado, ascendente ou adoptante, ou colateral, por consanguinidade ou afinidade, ata o cuarto grao incluído.
  • Que o adquirente dos predios rústicos sexa ou unha persoa agricultora profesional que sexa titular dunha explotación agraria ou socia dunha sociedade agraria de transformación, cooperativa de explotación comunitaria da terra ou sociedade civil que sexa titular dunha explotación agraria.
  • A condición de persoa agricultora profesional debe terse no momento da devindicación do imposto ou adquirirse no prazo dun ano dende o día seguinte a devindicación.
  • Que se manteña a explotación agraria durante os 5 anos posteriores, agás que nese prazo faleza a persoa adquirente ou transmita a explotación en virtude de pacto sucesorio.
  • Que a explotación viñese exercendo actividades agrarias durante un período superior aos dous anos anteriores á devindicación.
  • Que a explotación este situada en Galicia.