Beneficios fiscais para familias monoparentais por compra dunha vivenda nova Beneficios fiscais para familias monoparentais por compra dunha vivenda nova

Se formas parte dunha FAMILIA MONOPARENTAL e COMPRAS unha VIVENDA NOVA que vai ser a túa VIVENDA HABITUAL podes aplicar o tipo reducido do 0,5% no imposto de actos xurídicos documentados en lugar do tipo xeral do 1,5%.

Cálculo do aforro fiscal

 

CASO XERAL

TIPO REDUCIDO FAMILIA MONOPARENTAL

PREZO DA VIVENDA

200.000 €

200.000 €

TIPO

1,5%

0,5%

A PAGAR

3.000 €

1.000 €

AFORRO FISCAL

 

2.000 €

 
Requisitos
  • Estar inscrita no Rexistro de Familias Monoparentais Galegas.
  • Que sexa a vivenda habitual
  • Formalizar a compra en escritura pública e indicar que vai ser a vivenda habitual
  • Límites:  
    • prezo de adquisición da vivenda non poderá exceder de 240.000 €, e

    • a suma do patrimonio dos adquirentes máis o valor de adquisición da vivenda non pode superar os 240.000 €. A valoración do patrimonio realizarase conforme as regras do imposto sobre o patrimonio á data da adquisición do inmoble.

Estes límites incrementaranse en 30.000 € por cada membro da unidade familiar que exceda do primeiro.

 

 Exemplo. 

Unha familia monoparental cun proxenitor e dúas fillas compran unha vivenda. Importe de ambos os límites 240.000 € + 30.000 € x 2 = 300.000 €.

Límites: 

  • Prezo de adquisición da vivenda, menor ou igual 300.000 €.  
  • Suma do patrimonio dos tres membros da unidade familiar + prezo de compra da vivenda, menor ou igual a 330.000 €. 

Se formas parte dunha FAMILIA MONOPARENTAL e COMPRAS unha VIVENDA NOVA en ZONA POUCO POBOADA ou ÁREA RURAL que vai ser a túa VIVENDA HABITUAL non pagas imposto de actos xurídicos documentados porque existe unha dedución do 100%.

Cálculo do aforro fiscal

 

CASO XERAL

TIPO REDUCIDO FAMILIA MONOPARENTAL CON VIVENDA EN ZONAS POUCO POBOADAS

PREZO DA VIVENDA

200.000 €

200.000 €

TIPO

1,5%

0,5%

COTA A INGRESAR

3.000 €

1.000 €

DEDUCIÓN

-

-1.000 €

A PAGAR

 

0 €

AFORRO FISCAL

 

3.000 €

 
Requisitos
  • Estar inscrita no Rexistro de Familias Monoparentais Galegas.
  • A vivenda tense que atopar nalgunha das parroquias que teñen a consideración de zonas pouco poboadas ou áreas rurais. Pódense consultar aquí
  • Que sexa a vivenda habitual
  • Formalizar a compra en escritura pública e indicar que vai ser a vivenda habitual
    • prezo de adquisición da vivenda non poderá exceder de 240.000 €, e
    • a suma do patrimonio dos adquirentes máis o valor de adquisición da vivenda non pode superar os 240.000 €. A valoración do patrimonio realizarase conforme as regras do imposto sobre o patrimonio á data da adquisición do inmoble.

Estes límites incrementaranse en 30.000 € por cada membro da unidade familiar que exceda do primeiro.

 

 Exemplo. 

Unha familia monoparental cun proxenitor e dúas fillas compran unha vivenda. Importe de ambos os límites 240.000 € + 30.000 € x 2 = 300.000 €.

Límites: 

  • Prezo de adquisición da vivenda, menor ou igual 300.000 €.  
  • Suma do patrimonio dos tres membros da unidade familiar + prezo de compra da vivenda, menor ou igual a 300.000 €.