Beneficios fiscais por coidado de fillos Beneficios fiscais por coidado de fillos

Se por motivos de traballo tes que deixar aos teus fillos de 3 ou menos anos ao coidado dunha persoa empregada do fogar ou en escolas infantís, podes aplicar na declaración da renda unha dedución polo 30% das cantidades satisfeitas, cos seguintes límites:

NÚMERO DE FILLOS

LÍMITE DE DEDUCIÓN

1

400 €

2 ou máis

600 €

 

Requisitos

  • Que os fillos teñan 3 ou menos anos de idade á data de devindicación do imposto (con carácter xeral a 31 de decembro).
  • Que os dous pais traballen por conta propia ou allea e estean dados de alta na Seguridade Social ou mutualidade.
  • Que a persoa empregada no fogar estea dada de alta no Sistema Especial para Empregados do Fogar do Réxime Xeral da Seguridade Social.
  • Limite de renda: a base impoñible do ano da declaración (recadros 435+460 da declaración da renda) - mínimo persoal e familiar (recadro 520) non pode superar os 22.000 euros en tributación individual e 31.000 euros en tributación conxunta.
  • Cando máis dunha persoa teña dereito á dedución o seu importe ratearase entre elas.