Departamento de Xestión Económico-Financeira, Orzamentaria e Contable Departamento de Xestión Económico-Financeira, Orzamentaria e Contable

Competencias:

  • A xestión, o control e a coordinación dos asuntos relativos á xestión orzamentaria, a contabilidade, a tesouraría e a xestión de pagamentos. 
  • A tramitación dos expedientes de contratación administrativa, así como dos convenios e encomendas de xestión con contraprestación económica. 
  • As actuacións preparatorias necesarias para a elaboración do anteproxecto de orzamentos, sen prexuízo das competencias atribuídas a outros órganos ou unidades no presente decreto. 
  • A xestión do inventario dos bens inmobles ou mobles propiedade da Axencia Tributaria de Galicia ou adscritos a ela, incluídos os ingresos e rendementos derivados deles, a adquisición de bens mobles, inmobles e de material non inventariable. A tramitación dos expedientes en materia patrimonial realizarase en coordinación co órgano directivo competente en materia de patrimonio da Comunidade Autónoma. 
  • O estudo, o deseño e a proposta dos sistemas e procedementos que se vaian utilizar no ámbito das súas competencias. 
  • A proposta de instrucións ou circulares no seu ámbito de competencias. 
  • Calquera outra función que se lle delegue ou encomende no ámbito da súa competencia, así como aqueloutras non atribuídas expresamente que sexan inherentes á súa actividade.