Suspensión en vía de recurso de reposición
Prodúcese a suspensión automática na execución do acto impugnado, cando:
a) Se impugne unha sanción tributaria
b) Se solicite a suspensión e se aporten garantías taxadas que cubran:
- O importe do acto impugnado
- Os xuros de mora que xere a suspensión
- As recargas que puideran proceder no momento da suspensión.
c) Cando ao ditar o acto se incorrera en erro aritmético, material ou de feito, sen necesidade de garantías.
Órgano ante o que solicitar a suspensión
A solicitude de suspensión presentarase ante o órgano que ditou o acto, que será o competente para tramitala e resolvela.
Forma de presentar a solicitude de suspensión
A persoa interesada pode presentar o recurso de Reposición das seguintes formas:
- Presencialmente, mediante escrito ou modelo normalizado, nos rexistros da Xunta de Galicia ou por calquera outro dos medios que indica o apartado 4 do artigo 16 da Ley 39/2015, do 1 de octubro , do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
- Telematicamente: pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (certificado dixital, DNI electrónico ou Chave) polo procedemento PR004A.
Procedemento
A solicitude de suspensión debe ir acompañada do documento en que se formalice a garantía constituída a favor do órgano que ditou o acto impugnado.
A falta dese documento provoca o arquivo da solicitude, así como que a solicitude non teña efectos suspensivos.
Máis información: