Recurso de Reposición
O recurso de reposición procede, en principio, contra todos os actos da administración susceptibles de reclamación económico- administrativa.
É potestativo, é dicir, a súa interposición queda a vontade do interesado, quen pode optar por acudir directamente á reclamación económico-administrativa. Con todo, ambas as vías son incompatibles, polo tanto, se se interpón o recurso, non se pode interpoñer a reclamación ata que se resolva aquel.
O prazo para a interposición deste recurso será dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación do acto recorrible ou do seguinte a aquel en que se produzan os efectos do silencio administrativo.
Os efectos fundamentais que produce a interposición do recurso son:
- A interrupción dos prazos para o exercicio doutros recursos.
- A posible suspensión da execución do acto impugnado, sempre que a débeda quede debidamente garantida.
No escrito de interposición débese facer constar:
- A identificación completa do recorrente e, no seu caso, do seu representante, sinalando o domicilio a efectos de notificacións.
- O órgano ante o que se formula o recurso, identidade do acto que se impugna, lugar e data de interposición.
- Que non se ten impugnado o mesmo acto en vía económico-administrativa.
- As alegacións que se estimen pertinentes, xuntando os documentos que procedan.
Resolución do recurso
O prazo máximo para notificar a resolución será dun mes contado dende o día seguinte ao de presentación do recurso. No cómputo do prazo anterior non se incluirá o período concedido para efectuar alegacións aos titulares de dereitos afectados aos que se refire o artigo 232.3 da Lei xeral tributaria, nin o empregado por outros órganos da administración para remitir os datos ou informes que se soliciten. Os períodos non incluídos no cómputo do prazo polas circunstancias anteriores non poderán exceder de dous meses.
Transcorrido o prazo dun mes dende a interposición, o interesado poderá considerar desestimado o recurso ao obxecto de interpor a reclamación procedente.
Formas de presentar o recurso
- Presencialmente, mediante escrito ou modelo normalizado, nos rexistros da Xunta de Galicia ou por calquera outro dos medios que indica o apartado 4 do artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro , do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
-
Telematicamente:
Máis información sobre o Recurso de Reposición: