Suspensión en vía de reclamación económico administrativa Suspensión en vía de reclamación económico administrativa

Prodúcese a suspensión automática na execución do acto impugnado, cando: 

a) Se impugne unha sanción tributaria 

b) Se solicite a suspensión e se aporten garantías taxadas que cubran: 

  • O importe do acto impugnado 
  • Os xuros de mora que xere a suspensión 
  • As recargas que puideran proceder no momento da suspensión.  

c) Cando ao ditar o acto se incorrera en erro aritmético, material ou de feito, sen necesidade de garantías. 

Órgano competente para acordar a suspensión: 

  1. O órgano de recadación, nos casos en que se produza a suspensión automática con garantías taxadas.  
  2. O órgano de recadación, nos casos en que se produza a suspensión con prestación de outras garantías distintas. 
  3. O Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia (para tributos cedidos) ou a Xunta Superior de Facenda (para os tributos propios e demais ingresos de dereito público) nos casos de suspensión sen garantías. Este caso pódese dar en tres supostos: 
    1. Que concorran prexuízos de imposible ou difícil reparación. 
    2. Que se incorrera en erro aritmético, material ou de feito. 
    3. Actos que non teñan por obxecto unha débeda tributaria ou cantidade líquida e a execución puidera causar prepucios de imposible ou difícil reparación. 

Órgano ao que dirixir a solicitude de suspensión. 

  • Ao órgano que ditou o acto obxecto da reclamación, nos supostos de suspensión automática con garantías taxadas e de solicitude de suspensión con prestación doutras garantías.  
    Debe facer chegar:
    • a solicitude de suspensión 
    • copia da reclamación económico administrativa 
    • documentos que xustifiquen a formalización da garantía, si garantías taxadas 
    • a documentación que acredite a imposibilidade de aportar as garantías previstas para a suspensión automática. A natureza e características das garantías que se ofrecen, os bens e dereitos sobre os que se constitúe e a valoración dos mesmos, para o suposto doutras garantías. 
  • Ao órgano económico administrativo que corresponda, no suposto de suspensión sen garantías. Débese acreditar que o acto podería causar prepucios de imposible ou difícil reparación, ou debe xustificar a concorrencia do erro, aritmético, material ou de feito. 

Máis información:

artigo 233 da Lei Xeral Tributaria e Artigos 43 e seguintes do Regulamento de revisión en vía administrativa.