Reclamación Económico Administrativa
Órgano competente para coñecer e resolver a reclamación económico administrativa.
a. Se se impugnan actos de xestión, inspección ou recadación dos tributos cedidos á Comunidade Autónoma de Galicia e das recargas que esta estableza sobre tributos do Estado: o tribunal económico administrativo rexional de Galicia, órgano da Administración Xeral do Estado.
En concreto, os relativos aos impostos de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, sucesións e doazóns, patrimonio, imposto sobre hidrocarburos, imposto sobre a renda das persoas físicas ou tributación sobre o xogo.
b. Se se impugnan actos relativos aos impostos de contaminación atmosférica, canon de saneamento, dano medioambiental augas embalsadas, canon eólico, taxas e prezos, multas e sancións administrativas e demais ingresos de dereito público: a Xunta Superior de Facenda, órgano da Administración da Comunidade Autónomas de Galicia.
A reclamación económico administrativa debese interpoñer no prazo dun mes, contado desde o seguinte ao da notificación do acto que se reclama.
Órgano ao que dirixir o escrito.
O escrito de interposición dirixirase ao órgano administrativo que ditou o acto reclamable, quen o remitirá ao tribunal competente no prazo dun mes xunto co expediente correspondente, ao que se poderá incorporar un informe se se considera conveniente.
Forma de presentación.
A persoa interesada pode presentar a reclamación económico administrativa das seguintes formas:
- Presencialmente, mediante escrito, nos rexistros da Xunta de Galicia ou por calquera outro dos medios que indica o apartado 4 do artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
- Telematicamente: pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (certificado dixital, DNI electrónico ou Chave) polo procedemento PR004A.
Máis información: