Consultas tributarias Consultas tributarias

Conforme aos artigos 88 e 89 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, poderán formularse consultas tributarias escritas dirixidas aos órganos da Administración tributaria que teñan atribuída a iniciativa para a elaboración de disposicións na orde tributaria, a súa proposta ou interpretación. Ditas consultas deben presentarse antes da finalización do prazo establecido para o exercicio dos dereitos, a presentación de declaracións ou autoliquidacións ou o cumprimento doutras obrigacións tributarias.

Se a consulta tributaria escrita versa sobre a aplicación de normas aprobadas pola Comunidade Autónoma de Galicia en materias de tributos cedidos, en concreto, en relación co Decreto Lexislativo 1/2011, do 28 de xullo, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado ou, de tributos propios, deberás dirixir un escrito á Subdirección Xeral de Análise e Coordinación, Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, da Consellería de Facenda e Administración Pública. Se a consulta versa sobre unha disposición estatal, deberás remitila á Dirección Xeral de Tributos do Ministerio de Facenda e Función Pública.

Desde aquí podes acceder ao portal da Consellería de Facenda e Administración Pública e ver as Consultas Tributarias publicadas.

 

Consultas tributarias