Atención á cidadanía Atención á cidadanía

Dirección do centro

  • Servizos centrais da Axencia Tributaria de Galicia

    Rúa Pastoriza 8, 1ª, 3ª e 4ª planta
    15781 Santiago de Compostela, A Coruña
  • Delegación Territorial da Coruña

    Praza de Pontevedra, 22
    15003 A Coruña
  • Delegación Territorial de Lugo

    Ronda da Muralla, 70
    27071 Lugo
  • Delegación Territorial de Ourense

    Rúa Progreso, 38 entreplanta
    32003 Ourense
  • Delegación Territorial de Pontevedra

    Avenida María Victoria Moreno, 43, 3ª planta
    36003 Pontevedra
  • Delegación Territorial de Vigo

    Rúa Concepción Arenal, 8
    36201 Vigo, Pontevedra

Atención presencial 

Nas delegacións territoriais a cidadanía pode presentar os modelos de autoliquidación dos tributos cedidos xestionados por esta Axencia (600, 620, 650, 651 e 660), recibir asistencia na confección do modelo 620, obter certificados de ausencia de débedas, obter información xeral sobre os impostos de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, transmisións de vehículos, sucesións e doazóns e recadación, así como recibir información sobre expedientes existentes ou trámites administrativos consecuencia dun procedemento de xestión ou recadación cuxa competencia lles corresponda. 

Nos servizos centrais pódense obter certificados de ausencia de débedas e información xeral sobre recadación, tributación sobre o xogo, tributos propios, taxas e patrimonio. 

Nas oficinas liquidadoras de distrito hipotecario da provincia da Coruña pódense presentar os modelos de autoliquidación dos tributos cedidos xestionados por esta Axencia (600, 620, 650, 651 e 660), obter información xeral sobre os impostos de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, transmisións de vehículos, sucesións e doazóns, así como recibir información sobre expedientes existentes ou trámites administrativos consecuencia dun procedemento de xestión cuxa competencia lles corresponda. 

Nas oficinas de distrito hipotecario das provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra a cidadanía pode presentar os modelos de autoliquidación dos tributos cedidos xestionados por esta Axencia (600, 620, 650, 651 e 660).

 

Atención telefónica 

A través do número único de información ao contribuínte 881 955 800, en horario de 9 a 14 horas e de luns a venres, pódese obter información xeral sobre os impostos de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, transmisións de vehículos, sucesións e doazóns, tributos sobre o xogo, imposto sobre o patrimonio, tributos propios e taxas, así como sobre o procedemento de recadación, aprazamentos, devolución ou certificados de non ter débedas. 

Tamén existe a opción de solicitar cita para un día e nun tramo horario concreto, de tal xeito que ese día, un dos nosos axentes poñerase en contacto telefónico coa persoa solicitante para prestarlle a atención ou información requirida. Esta opción é posible para obter calquera tipo de información tributaria xeral, para recibir información sobre expedientes existentes ou trámites administrativos consecuencia dun procedemento de xestión ou recadación ou para recibir asistencia na confección do modelo 620.

 

A ter en conta 

  • Pódese obter abundante información relativa a todos os tributos xestionados por esta Axencia nos apartados Información tributaria  e Preguntas frecuentes.
  • No caso de incidencias informáticas relativas á Oficina Virtual Tributaria ou ao programa ALISe é preciso contactar co Centro de Atención a Usuarios no teléfono 981 541 300
  • Para facilitar o exercicio dos dereitos da cidadanía, a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia conta co Sistema integrado de atención á cidadanía que ten, entre as súas principais funcións, a de facilitar información de carácter xeral, particular ou pública. 

Teléfono de atención ao contribuínte

Horario de atención ao público

de luns a venres,
entre as 9.00 e a 14.00 horas

Interésache Interésache