Volver ao contido

Atendémolo/a

Enderezo do centro
  • Axencia Tributaria de Galicia
    Rúa Pastoriza 8, 1ª, 3ª e 4ª planta
    15781 Santiago de Compostela, A Coruña
  • Delegación Territorial de A Coruña
    Praza de Pontevedra, 22
    15003 A Coruña
  • Delegación Territorial de Lugo
    Ronda da Muralla, 70
    27071 Lugo
  • Delegación Territorial de Ourense
    Rúa Progreso, 38 entreplanta
    32003 Ourense
  • Delegación Territorial de Pontevedra
    Avenida María Victoria Moreno, 43, 3ª planta
    36003 Pontevedra
  • Delegación Territorial de Vigo
    Rúa Concepción Arenal, 8
    36201 Vigo, Pontevedra
Teléfono de atención ao contribuínte
881 955 800
 
 
Horario de atención
ao público de
9.00 a 14.00 horas

 

Para obter información tributaria de carácter xeral así como, sobre a confección de modelos de autoliquidación e tramitación de expedientes, a Axencia Tributaria de Galicia pon ao dispor dos cidadáns os teléfonos de información ao contribuínte das Delegacións da Axencia Tributaria de Galicia ou das Oficinas Liquidadoras de Distrito Hipotecario da Provincia da Coruña en horario de 9 a 14 horas. Tamén se pode solicitar cita de información xeral  e un dos nosos axentes poñerase en contacto co interesado no día e intervalo seleccionado, ou ben, acudir a calquera das delegacións da Atriga (para obter información sobre transmisións patrimoniais, vehículos, sucesións, doazóns e recadación) ou aos servizos centrais (para obter información sobre recadación, tributación sobre o xogo, tributos propios, taxas e patrimonio).

Tamén poderá obter abundante información relativa a todos os tributos xestionados por esta Axencia no apartado de Tributos da Comunidade Autónoma

No caso de incidencias informáticas relativas á Oficina Virtual Tributaria ou ao ALISe deberá contactar co Centro de Atención a Ususarios no teléfono 981 541 300

Conforme aos artigos 88 e 89 de LXT poderá formular consultas tributarias escritas dirixidas aos órganos da Administración tributaria que teñan atribuída a iniciativa para a elaboración de disposicións na orde tributaria, a súa proposta ou interpretación. O prazo para a contestación a estas consultas é de 6 meses a contar desde a data de presentación.

Se a consulta tributaria escrita versa sobre a aplicación de normas aprobadas pola Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio das súas competencias normativas en materias de tributos cedidos e tributos propios deberá dirixir un escrito á Subdirección Xeral de Análise e Coordinación, Secretaria Xeral e do Patrimonio, da Consellería de Facenda e de Administración Pública. Se a consulta versa sobre unha disposición estatal, deberá remitila á Dirección Xeral de Tributos do Ministerio de Facenda.