Volver ao contido

Información

Nas seguintes ligazóns, Vde. pode descargar programas de axuda ou confeccionar on-line os modelos de autoliquidacións dos impostos xestionados por esta Administración Tributaria:

  • Alis. É un programa de Axuda para a presentación da Liquidación do Imposto de Sucesións. Cando prema esta ligazón accederá ao sitio no que poderá descargar o programa no seu ordenador.
  • Imposto de Transmisións Patrimoniais e A.X.D. (Modelo 600). Premendo nesta ligazón Vd. poderá confeccionar on line a autoliquidación deste imposto, unha vez confeccionado poderá imprimilo e presentalo na oficina xestora competente xunto coa documentación correspondente.
  • Imposto de medios de transporte usado (Modelo 620). Premendo nesta ligazón Vd. poderá confeccionar on line a autoliquidación deste imposto, unha vez confeccionado poderá imprimilo e presentalo na oficina xestora competente xunto coa documentación correspondente.
  • Imposto de Doazóns (Modelo 651). Premendo nesta ligazón Vd. poderá confeccionar on line a autoliquidación deste imposto, unha vez confeccionado poderá imprimilo e presentalo na oficina xestora competente xunto coa documentación correspondente.
  • Taxas e prezos. Nesta ligazón, Vde. pode xerar un impreso de autoliquidación de taxas e prezos cuberto na súa totalidade ou só en parte, ou ben en branco. Unha vez recheos os apartados que desexe cubrir, deberá picar o boton "obter formulario" e xerarase o modelo AI correspondente. Deberá imprimilo e despois presentalo en calquera das entidades financeiras colaboradoras na recadación de taxas e prezos para facer efectivo o ingreso correspondente.
    • Se necesita información sobre os códigos de Consellería, Delegación ou Servizo, pique aquí.
    • Se necesita información sobre os códigos e importes das taxas, pique aquí.
    • Se necesita información sobre os códigos e importes dos prezos, pique aquí.
    • Se desexa obter o impreso e facer o pago telemático pique aquí.
    • (*). - Estes impresos poderanse obter en calquera Oficina Xestora da Xunta de Galicia.