Volver ao contido

Pagamento por xiro postal nas Oficinas de Correos ou, no ámbito rural, a través dos carteiros rurais por medio de dispositivos  PDAs.

O pagamento daquelas débedas tributarias e outros ingresos de dereito público cuxa xestión recadatoria teña encomendada a Atriga poderá ser realizado mediante xiro postal para o seu ingreso na conta restrinxida de recadación.

A persoa obrigada ao pagamento deberá dispoñer dalgún dos seguintes documentos de pagamento emitidos por esta Administración e autorizados para a súa cobranza por este medio de pagamento:

  • 600. Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.
  • 620. Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Transmisión de determinados medios de transporte usados.
  • 650. Imposto sobre sucesións e doazóns. Autoliquidación-sucesións.
  • 651. Imposto sobre sucesións e doazóns. Autoliquidación-doazóns.
  • 706. Liquidacións telemáticas ou con NRC.
  • 707. Liquidacións notificadas pola Administración.
  • 708. Pagamentos aprazados ou fraccionados.
  • 717. Autoliquidacións telemáticas ou con NRC.
  • 731. Taxas e prezos e sancións.
  • 739. Taxas e prezos e sancións vía telemática.

O pago deberá realizarse pola totalidade do importe a ingresar, sen que caiba a posibilidade de realizar ingresos parciais.

No momento do pagamento, Correos entregará ao usuario un resgardo do xiro postal. O pago considerarase efectuado na data en que o xiro postal sexa imposto, con independencia da data en que os fondos sexan ingresados na conta restrinxida de recadación. 

Correos cobrará aos seus clientes as tarifas ou demais cantidades que teña estipuladas pola prestación do servizo de xiro que non se considerarán importes pagados á Administración e quedan excluídas da relación xurídica existente entre a persoa obrigada ao pagamento e a Atriga.

No suposto dos modelos  600, 620, 650 e 651, o pago por xiro postal non exime do deber de presentar ante a Administración a autoliquidación e a documentación complementaria.