Pagamento por transferencia
Mediante transferencia bancaria pódense pagar os impostos, taxas ou ingresos xestionados pola Axencia Tributaria de Galicia sempre e cando, a persoa obrigada ao pago non dispoña dunha conta da súa titularidade aberta en ningunha das entidades colaboradoras na recadación.
Pódense pagar mediante transferencia os seguintes modelos:
- Modelo 002. Imposto sobre a contaminación atmosférica. Autoliquidación mensual.
- Modelo 003. Imposto sobre a contaminación atmosférica. Autoliquidación anual.
- Modelo 011. Imposto sobre o dano ambiental causado por determinados usos e aproveitamentos da auga encorada.
- Modelo 012. Canon eólico. Autoliquidación.
- Modelo 013. Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM). Autoliquidación.
- Modelo 041. Taxa fiscal de apostas deportivas e de competición. Autoliquidación.
- Modelo 043. Taxa fiscal sobre o xogo. Bingo. Autoliquidación.
- Modelo 044. Taxa fiscal sobre o xogo. Casinos. Autoliquidación.
- Modelo 045. Taxa fiscal sobre o xogo. Máquinas de xogo.
- Modelo 046. Taxa fiscal do xogo realizado mediante máquinas de xogo. Resumo de autoliquidacións.
- Modelo 593. Imposto sobre o depósito de residuos en vertedoiros, a incineración e coincineración de residuos. Autoliquidación.
- Modelo 600. Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.
- Modelo 620. Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Transmisión de determinados medios de transporte usados.
- Modelo 650. Imposto sobre sucesións e doazóns. Autoliquidación-sucesións.
- Modelo 651. Imposto sobre sucesións e doazóns. Autoliquidación-doazóns.
- Modelo 707. Liquidacións practicadas pola Administración.
- Modelo 708. Pagamentos aprazados ou fraccionados.
- Modelo 710. Providencias de constrinximento.
- Modelo 731. Taxas e prezos.
- A conta dende a que se faga a transferencia debe estar aberta nunha entidade non colaboradora na recadación coa Atriga. En caso contrario dará un erro no momento de obter o código necesario para levar a cabo a transferencia.
- O pago deberá realizarse en euros e pola totalidade do importe a ingresar.
- O obrigado ao pago ten que ter unha carta de pago (modelo 707, 708, 710 ou 731) ou unha autoliquidación presentada (modelo 002, 003, 011, 012, 013, 041, 043, 044, 045, 046, 593, 600, 620, 650 ou 651). No caso das autoliquidacións, é requisito imprescindible que no momento de cubrir as mesmas se escolla como medio de pago “recoñecemento de débeda” e que estean presentadas, xa sexa de forma presencial ou electrónica.
- A través do servizo Pago por transferencia bancaria da OV Tributaria, o usuario ten que cubrir os seguintes datos: NIF do obrigado ao pago, número da carta de pago/autoliquidación, importe e os 8 primeiros díxitos do IBAN da conta de orixe. A continuación, a aplicación informática devolveralle un documento no que se mostrará o número de conta da Administración (IBAN e SWIFT) a onde terá que facer a transferencia, así como un Código de Pago por Transferencia (CPT) que terá unha validez de 10 días naturais.
- O obrigado ao pago realizará a transferencia desde unha entidade non colaboradora, indicando no campo “Concepto” única e exclusivamente o Código de Pago por Transferencia (CPT).
- Unha vez validada a transferencia e aboado o importe na conta da Administración, o usuario poderá descargar o xustificante entrando de novo no servizo Pago por transferencia bancaria da OV Tributaria, seleccionando “Obter xustificante de pago”.
A ter en conta:
- Pódese realizar tanto por persoas físicas como xurídicas
- O pago producirá efectos liberatorios na data de recepción e ingreso na conta da Administración. A data na que se ordena á entidade bancaria do ordenante a realización da transferencia non ten efectos fronte á Administración.
Si. Rexeitarase a transferencia e ordenarase a devolución do importe á conta de orixe nos seguintes supostos:
- Cando o CPT non conste de forma completa e exacta no concepto da transferencia recibida, ou este sexa incorrecto.
- Cando se reciba na conta o ingreso da transferencia unha vez caducado o CPT obtido para a súa realización.
- Cando o importe transferido sexa distinto do importe para ingresar recollido no documento de pagamento que se trata de aboar.
- Cando xa se recibira unha transferencia correcta co mesmo CPT.
- Cando a débeda a que se refire o CPT non estea pendente de ingreso ou xa se atopase cancelada ou estivese nalgunha outra situación que impida a súa recadación.
- Cando a transferencia se reciba desde unha conta de orixe aberta nunha entidade colaboradora na recadación.
A ter en conta:
Todos os gastos e comisións da devolución das transferencias corren a cargo do ordenante das mesmas.