Oficinas Liquidadoras de Distrito Hipotecario
As oficinas liquidadoras de distrito hipotecario realizarán as seguintes funcións relativas á aplicación, revisión e exercicio da potestade sancionadora no imposto sobre sucesións e doazóns e no imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados:
- As funcións de xestión tributaria a que se refire o artigo 117 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, dentro do marco establecido polo artigo 55 da Lei 22/2009, do 18 de decembro, polas que se regula o sistema de financiamento das comunidades autónomas de réxime común e cidades con estatuto de autonomía e se modifican determinadas normas tributarias.
- As funcións relativas á revisión en vía administrativa nos procedementos, trámites, recursos e reclamacións nos que a normativa reguladora destes atribúa a competencia ao órgano que ditou o acto.
- A proposta de inicio, instrución e proposta de resolución de procedementos sancionadores, así como a súa remisión ao órgano competente para resolver.