Volver ao contido

Información para Usuarios autorizados na aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria Información para Usuarios autorizados na aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria

Atrás

Imposto sobre o dano medioambiental augas encoradas

Imposto sobre o dano medioambiental augas encoradas

Ademais do certificado dixital, para o emprego destas aplicacións cómpre ser previamente autorizado pola Consellería de Facenda.
Nesta páxina web está á súa disposición a ficha para a identificación das persoas que, en calidade de usuarios autorizados van acceder á nosa aplicación informática e o modelo de solicitude de autorización para o pagamento e a presentación telemática do imposto sobre o dano medioambiental causado por determinados usos e aproveitamentos da auga encorada. Cando as persoas autorizadas actúen en representación da empresa titular do aproveitamento deberá aportar a documentación acreditativa da representación. Unha vez cubertos ambos documentos deberán remitirse á Dirección Xeral de Tributos. Poderán ser adiantadas por fax ao número 981-544169.

Ficha para a identificación de usuarios autorizados.

  1. Datos do suxeito pasivo:
    Denominación social
    NIF
    Domicilio
    Teléfono de contacto
    Dirección de correo electrónico
  2. Datos dos usuarios autorizados:
    Cómpre que o/s usuario/s sexa/n o/s que figure/n como representante/s no/s certificado/s dixital/is outorgado/s pola Fabrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda (FNMT-RCM) á empresa titular do aproveitamento. Para a realización do pagamento cómpre así mesmo, que esta/s persoa/s aparezan como autorizada/s da/s conta/s contra a/s que se van facer os pagamentos.

    Nome e apelidos
    NIF
    Teléfono de contacto
    Dirección de correo electrónico
    Sistema operativo co que traballa o usuario.
  3. Datos do responsable de informática:
    Se dispuxeran de algún responsable de informática co que desexen que se traten os problemas desta natureza, deberán indicar os seus seguintes datos:
    Nome e apelidos
    NIF
    Teléfono de contacto
    Dirección de correo electrónico