Volver ao contido

Información para Usuarios autorizados na aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria Información para Usuarios autorizados na aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria

Atrás

Imposto sobre o canon eólico

Imposto sobre o canon eólico

Ademais do certificado dixital, para o emprego destas aplicacións cómpre ser previamente autorizado pola Axencia Tributaria de Galicia. Nesta páxina web está á súa disposición a ficha para a identificación das persoas que, en calidade de usuarios autorizados van acceder á nosa aplicación informática e o modelo de solicitude de autorización para o pagamento e a presentación telemática do imposto sobre o canon eólico. Cando as persoas autorizadas actúen en representación da empresa titular do aproveitamento deberá aportar a documentación acreditativa da representación. Unha vez cubertos ambos documentos deberán remitirse á Dirección da Axencia Tributaria de Galicia. Poderán ser adiantadas por fax ao número 981-544169.

Ficha para a identificación de usuarios autorizados.

  1. Datos do suxeito pasivo:
    • Denominación social
    • NIF
    • Domicilio
    • Teléfono de contacto
    • Dirección de correo electrónico
  2. Datos dos usuarios autorizados:
    Cómpre que o/s usuario/s sexa/n o/s que figure/n como representante/s no/s certificado/s dixital/is outorgado/s pola Fabrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda (FNMT-RCM) á empresa titular do aproveitamento eólico. Para a realización do pagamento cómpre así mesmo, que esta/s persoa/s aparezan como autorizada/s da/s conta/s contra a/s que se van facer os pagamentos.
    • Nome e apelidos
    • NIF
    • Teléfono de contacto
    • Dirección de correo electrónico
    • Sistema operativo co que traballa o usuario.
  3. Datos do responsable de informática:
    Se dispuxeran de algún responsable de informática co que desexen que se traten os problemas desta natureza, deberán indicar os seus seguintes datos:
    • Nome e apelidos
    • NIF
    • Teléfono de contacto
    • Dirección de correo electrónico