Programa de Educación Cívico-Tributaria nos centros educativos
O Programa de Educación Cívico- Tributaria ten por obxecto fomentar a conciencia fiscal entre a cidadanía máis nova e transmitir valores e actitudes favorables á responsabilidade fiscal.
A tal efecto, persoal da Axencia Tributaria de Galicia realizará charlas informativas, dirixidas ao alumnado do terceiro ciclo de educación primaria (5º e 6º) e primeiro curso de educación secundaria, dos centros educativos que así o soliciten (enviando un correo electrónico a informacion.asistencia.sscc@atriga.es) durante o curso 2023/2024 e seguintes.