Volver ao contido

O Comité de Dirección

Presentación

O Comité de Dirección da Axencia Tributaria de Galicia está presidido pola persoa titular da Dirección e está integrado polas persoas titulares das áreas sinaladas no artigo 21 deste decreto. Actúa como secretario, con voz pero sen voto, quen designe a persoa titular da Dirección de entre o persoal da Axencia.

O funcionamento do Comité de Dirección axustarase ao disposto no Regulamento de réxime interior; na Lei reguladora da organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e na Lei reguladora do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Asistirán ás sesións do Comité de Dirección as persoas titulares das restantes unidades centrais sinaladas no artigo 21 deste decreto que sexan convocadas pola Presidencia cando, por razón das materias incluídas na orde do día, o seu criterio e asesoramento sexan relevantes.

Competencias:

  1. Aprobar e realizar o seguimento das liñas de traballo fixadas no plan de acción anual.
  2. Propoñer medidas que afecten a organización, contratación ou investimentos e realizar o seguimento da súa execución.
  3. Asesorar a Presidencia, o Consello Reitor e a Dirección.
  4. Cumprir as funcións que lle atribúa o Regulamento de réxime interior e as que lle delegue a Dirección.