Volver ao contido

Departamento de Recadación Executiva

Competencias:

  1. Planificar a xestión recadatoria executiva que corresponda á Axencia Tributaria de Galicia, para o cal colaborará co Departamento de Planificación do Control Tributario.
  2. A xestión centralizada da recadación executiva.
  3. A coordinación de órganos e unidades que leven a cabo a xestión recadatoria en período executivo.
  4. Tramitar as reclamacións por terzarías que se poidan formular.
  5. Tramitar expedientes de derivación da acción administrativa aos responsables solidarios e subsidiarios e sucesores en período executivo.
  6. O estudo, deseño e proposta dos sistemas e procedementos que se vaian utilizar nas actuacións de recadación executiva no ámbito das súas competencias.
  7. Canalizar as relacións con outras administracións públicas e entidades colaboradoras para os efectos de establecer e mellorar as canles de intercambio de información necesarias para o desenvolvemento das competencias de recadación executiva.
  8. A proposta de instrucións ou circulares no seu ámbito de competencias.