Volver ao contido

Departamento de Planificación do Control Tributario

Presentación

O Departamento de Planificación do Control Tributario exercerá, entre outras, as seguintes funcións:

Competencias:

  1. A planificación xeral das actuacións de control tributario que desenvolven as diferentes áreas da Axencia con competencia en control tributario.
  2. A elaboración do proxecto do Plan de control tributario que deberá aprobar a Dirección da Axencia.
  3. O estudo das diferentes áreas de risco para a detección da fraude fiscal co obxecto da planificación do control tributario.
  4. O estudo e análise dos resultados obtidos nas actuacións de control.
  5. A colaboración coa Área de Recadación para a análise e definición de perfís e indicadores de risco recadatorio.