Competencias:
- A xestión, control e coordinación dos asuntos relativos ao persoal adscrito á Axencia Tributaria de Galicia.
- A elaboración, seguimento e coordinación do plan anual de formación.
- As actuacións preparatorias necesarias para a elaboración do anteproxecto de orzamento da Axencia, en canto afecta as súas funcións.
- A xestión, control e coordinación dos asuntos relativos ao réxime interior, servizos xerais, seguridade e o mantemento das instalacións e prevención de riscos laborais.
- O rexistro, a xestión documental, o arquivo e a custodia de documentos e a súa eliminación.
- O estudo, deseño e proposta dos sistemas e procedementos que se vaian utilizar no ámbito das súas competencias.
- A proposta de instrucións ou circulares no seu ámbito de competencias.
- Calquera outra función que se lle encomende no ámbito da súa competencia.