Contrato plurianual de xestión Contrato plurianual de xestión

A Atriga, como axencia pública autonómica adscrita á Consellería de Facenda da Xunta, elabora o seu Contrato Plurianual de Xestión. 

O obxectivo do contrato de xestión é establecer o marco de relacións entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Xunta de Galicia e, polo tanto, a fixación dos compromisos asumidos por ambas partes para a consecución da misión da Atriga como entidade encargada de que todos contribúan ao sostemento dos gastos púlblicos de acordo coa súa capacidade económica mediante un sistema tributario xusto inspirado nos principios de igualdade e progresividade que, en ningún caso, terá alcance confiscatorio, dentro do ámbito dos impostos que lle corresponde aplicar á Comunidade Autónoma de Galicia.  

Este contrato ten por obxecto fomentar o cumprimento voluntario das obrigas tributarias, minimizar os custos indirectos derivados das mesmas, controlar e comprobar o cumprimento das obrigas tributarias, detectar e regularizar os seus incumprimentos e loitar contra a fraude fiscal.