Relacións coa cidadanía Relacións coa cidadanía

A atención á cidadanía configúrase como o conxunto de medios que o sector público autonómico pon á disposición dos cidadáns e das cidadás para lles facilitar o exercicio dos seus dereitos, o cumprimento das súas obrigas e o acceso aos servizos públicos.

Esta préstase mediante o Sistema integrado de atención á cidadanía, que ten entre as súas principais funcións a de facilitarlle á cidadanía información de carácter xeral, particular ou pública.

 

Oficinas de rexistro e información

Horario de atención ao público das oficinas de información administrativa e atención á cidadanía nos edificios da Axencia Tributaria de Galicia.

Oficina de rexistro: Horario de atención ao público das 9.00 ás 14.00 horas en xornada de luns a venres

  • Santiago de Compostela:

Rexistro da Axencia Tributaria de Galicia, Pastoriza nº 8, 1º planta

  • A Coruña

Rexistro da Delegación da Axencia Tributaria de Galicia, Praza de Pontevedra, 22, 1º

  • Ourense:

Rexistro da Delegación da Axencia Tributaria de Galicia, rúa Progreso, 38 entreplanta

A cidadanía ten dereito a unha administración eficaz que xestione os seus asuntos con imparcialidade, obxectividade e dentro do marco temporal establecido. Neste apartado facilítase a información relativa a presentación de queixas e suxestións sobre a prestación dos servizos públicos, que contribúan ao seu mellor funcionamento.

Ligazón asociada