A través das seguintes ligazóns a cidadanía pode participar no procedemento de elaboración de normas, con carácter previo á elaboración dos proxectos ou anteproxectos de leis ou regulamentos.
Ligazóns asociadas
A través da seguinte ligazón recóllese a información sobre os anteproxectos e proxectos de disposicións normativas tramitados por esta Axencia, agrupando estes proxectos en función do seu estado actual de tramitación.
En prazo de envío de suxestións:
Consulta aquí aqueles proxectos que se atopan cos prazos abertos para algún destes trámites administrativos: trámite de audiencia a interesados, trámite de información pública xeral ou outros trámites de fomento da participación cidadá.
Pendente de aprobación:
A través desta ligazón podes consultar aqueles proxectos que se atopan en calquera das fases ou trámites de elaboración ou tramitación previstas na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, sempre que non sexan trámites de audiencia ou información pública.
Aprobada e publicada no DOG:
Recóllense nesta ligazón aquelas disposicións xa aprobadas e publicadas no Diario Oficial de Galicia.