A atención á cidadanía configúrase como o conxunto de medios que o sector público autonómico pon á disposición dos cidadáns e das cidadás para lles facilitar o exercicio dos seus dereitos, o cumprimento das súas obrigas e o acceso aos servizos públicos.
Esta préstase mediante o Sistema integrado de atención á cidadanía, que ten entre as súas principais funcións a de facilitarlle á cidadanía información de carácter xeral, particular ou pública.
Oficinas de rexistro e información
Horario de atención ao público das oficinas de información administrativa e atención á cidadanía nos edificios da Axencia Tributaria de Galicia.
Oficina de rexistro: Horario de atención ao público das 9.00 ás 14.00 horas en xornada de luns a venres
- Santiago de Compostela:
Rexistro da Axencia Tributaria de Galicia, Pastoriza nº 8, 1º planta
- A Coruña
Rexistro da Delegación da Axencia Tributaria de Galicia, Praza de Pontevedra, 22, 1º
- Ourense:
Rexistro da Delegación da Axencia Tributaria de Galicia, rúa Progreso, 38 entreplanta
A cidadanía ten dereito a unha administración eficaz que xestione os seus asuntos con imparcialidade, obxectividade e dentro do marco temporal establecido. Neste apartado facilítase a información relativa a presentación de queixas e suxestións sobre a prestación dos servizos públicos, que contribúan ao seu mellor funcionamento.