Consello Reitor Consello Reitor

É o órgano colexiado de goberno da Axencia, ao cal corresponde establecer as directrices de actuación, de acordo coas emanadas da consellería competente en materia de facenda. 

Está integrado pola Presidencia, a Vicepresidencia e seis vogais.  

Son membros do Consello Reitor: 

  • A persoa titular da Presidencia, que preside o Consello Reitor.
  • A persoa titular da Dirección, a quen corresponde a vicepresidencia.
  • A persoa titular do órgano de dirección da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia competente en materia de:
    • Patrimonio.
    • Orzamentos.
    • Tesouraría.
    • Función pública.
  • A persoa titular da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.
  • A persoa titular da Dirección Xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

Competencias:

  • Exercer a dirección superior da Axencia e o seguimento, supervisión e control da súa actuación e da xestión da Dirección. 
  • Aprobar a proposta do contrato plurianual de xestión. 
  • Aprobar os obxectivos e plans de acción anuais e plurianuais, así como os criterios cuantitativos e cualitativos de medición do cumprimento dos devanditos obxectivos e do grao de eficiencia na xestión, no marco establecido polo contrato plurianual de xestión. 
  • Aprobar o informe xeral anual da actividade desenvolvida pola Axencia e de cantos informes extraordinarios considere necesarios sobre a súa xestión, coa valoración dos resultados obtidos e a consignación das deficiencias observadas. 
  • Aprobar as contas anuais e, de ser o caso, a distribución do resultado do exercicio. 
  • Aprobar o anteproxecto de orzamentos anuais e a contracción de obrigas de carácter plurianual dentro dos límites que teña fixados.
  • Aceptar as delegacións de competencias ou encomendas de funcións doutras administracións públicas e as súas entidades dependentes a favor da Axencia. (competencia delegable na Dirección)
  • Actuar como órgano de contratación da Axencia e subscribir no seu nome os contratos relativos aos asuntos propios desta. (competencia delegable na Dirección)
  • O exercicio das competencias en materia de patrimonio, de acordo co previsto na normativa reguladora de patrimonio da Comunidade Autónoma. (competencia delegable na Dirección)
  • Aprobar a proposta de relación de postos de traballo e de oferta pública de emprego.
  • Nomear e separar ó persoal directivo. (competencia delegable na Dirección)
  • Aprobar o Regulamento de réxime interior e a Carta de servizos da Axencia.
  • Calquera outra que lle atribúan as disposicións vixentes ou que se lle deleguen.