Serán as competentes para realizar as actuacións inspectoras de comprobación e investigación dos feitos impoñibles cuxa competencia corresponda ás delegacións ás que estean adscritas, consonte o ámbito territorial fixado e os puntos de conexión establecidos nas leis de cesión, cando se trate de tributos cedidos, ou o lugar de realización da actividade cando se trate de tributos propios.