Exercerá as seguintes funcións:
- A comprobación e realización das devolucións previstas na normativa tributaria, sen prexuízo das competencias atribuídas aos órganos de recadación.
- O recoñecemento e comprobación da procedencia dos beneficios fiscais.
- A realización de actuacións de control do cumprimento da obrigación de presentar declaracións, autoliquidacións, comunicacións de datos e demais documentos tributarios e do cumprimento das obrigacións formais.
- A realización de actuacións de verificación de datos.
- A realización de actuacións de comprobación de valores.
- A realización de actuacións de comprobación limitada.
- A realización de liquidacións tributarias.
- As funcións de imposición de sancións e de revisión en vía administrativa, no ámbito das súas competencias.
- A emisión de certificados tributarios, no ámbito das súas competencias.
- A realización das demais actuacións de aplicación dos tributos non integradas nas funcións de inspección e recadación, salvo as de información e asistencia tributaria.
- As demais que lle encomende ou lle delegue a persoa titular da delegación.