Exercerá as seguintes funcións:
- A recepción, mecanización e tramitación de declaracións, autoliquidacións, comunicacións de datos e demais documentos con transcendencia tributaria.
- A realización de actuacións de control do cumprimento da obrigación de presentar declaracións, autoliquidacións, comunicacións de datos e demais documentos tributarios e do cumprimento das obrigas formais.
- A práctica de requirimentos no ámbito das súas funcións.
- A realización de actuacións de verificación de datos.
- A realización de actuacións de comprobación de valores.
- O recoñecemento e comprobación da procedencia dos beneficios fiscais.
- A realización de liquidacións tributarias.
- A realización das actuacións dos procedementos de xestión tributaria no ámbito material do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, pola transmisión de determinados medios de transporte usados entre particulares.
- As funcións de imposición de sancións e de revisión en vía administrativa, no ámbito das súas competencias.
- A subministración de etiquetas e de números ou códigos de identificación para os efectos fiscais.
- A emisión de certificados tributarios, no ámbito das súas competencias.
- A elaboración e mantemento dos censos tributarios.
- A información e asistencia tributaria.
- As demais que lle encomende ou lle delegue a persoa titular da delegación.